Nigrán bonifica o imposto de rodaxe aos vehículos eléctricos, híbridos e a gas

A aposta do Concello de Nigrán polo medioambiente, dista moito de ser unha mera declaración de boas intencións –como por desgraza acontece noutros concellos– senón que é unha filosofía de traballo que dende o pasado mandato desenvolve o executivo de Juan González coa aplicación de medidas concretas, ben estudadas e planificadas. A maiores, e dende o convencemento de que a loita pola conservación medioambiental é de todos e todas, o Concello de Nigrán traballa na concienciación da veciñanza incentivando, como é neste caso concreto, o uso de vehículos híbridos ou eléctricos.

  • Publicado en Nigrán

O PP porriñés lamenta que a "falta de xestión" do Goberno prexudique á veciñanza

O candidato do PP á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, achacou hoxe á "nula capacidade de xestión" do Concello do Porriño, o feito de que veciñas e veciños véxanse prexudicados ao non terse tramitado a tempo a solicitude da rebaixa do 10 % do canon de Sogama, tal e como fixeron o 77 % dos municipios galegos adheridos a este modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos.

A veciñanza das Neves aliviada no pago de impostos para reconstruir despois dos lumes

O Goberno local das Neves lembrou hoxe que as accións, aprobadas no seu día para facerlle fronte ás perdas ocasionadas polos lumes de outubro de 2017, seguen a beneficiar ás veciñas e veciños. Para facilitar que os afectados puidesen rehabilitar as súas propiedades, o Pleno do Concello, a proposta do Goberno local acordou, coma subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “unha redución do 95% no imposto de construcións”.

O ORAL suspende, cautelarmente, o cobro do IBI aos afectados de Paramos

En resposta á solicitude realizada polo Concello de Tui o ORAL pon en marcha unha medida transitoria pola que efectuará "a suspensión cautelar" do período de voluntario de cobro dos recibos do Imposto de Bens Inmobles, o IBI, para os propietarios das vivendas afectadas pola explosión do Barrio da Torre en Paramos o pasado 23 de Maio.

  • Publicado en Tui

O Goberno de Ponteareas achaca a subida da contribución ao "catastrazo” do 2009

O Goberno de Ponteareas saiu ao paso das declaracións formuladas por Alternativa Ciudadana de Ponteareas sobre o incumprimento, por parte do actual executivo, do compromiso electoral de baixar o IBI. O alcalde de Ponteareas lembroulle ao partido da oposició que o actual executivo "logrou que o catastro aplicase a maior rebaixa posible, o 10%, sobre os valores aprobados polo Goberno de González Solla e González Carrera".

Tui propón unha nova rebaixa de impostos

O Grupo de goberno do Concello de Tui vai promover unha nova rebaixa de impostos de competencia municipal, en concreto o Goberno que preside Carlos Vázquez Padión proporá unha modificación das ordenanzas fiscais que regulan o IBI ( Imposto de Bens Inmobles) e o IAE (Imposto de Actividades Económicas).

  • Publicado en Tui

O Goberno de Nigrán propón rebaixar un 50% a expedición de documentos administrativos

O Goberno de Nigrán, que preside Juan González, proporá no vindeiro Pleno ordinario da corporación, a celebrarse o do 31 de maio, unha rebaixa dun mínimo do 50% pola expedición de documentos administrativos ou mesmo por realizar fotocopias. O goberno considera que a taxa reguladora, aprobada no 2015, resulta abusiva, tal e como viñan denunciando os cidadáns.

  • Publicado en Nigrán

ACiP pide a modificación das taxas por licenzas de apertura e cambios de titularidade

O portavoz municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP), Juan Carlos González, vén de presentar unha moción, para o seu debate no Pleno, na que se esixe "un trato máis xusto cos pequenos emprendedores do municipio á hora de abrir novos negocios". Segundo González Carrera asegura que "existen desproporcionadas diferenzas" entre negocios do mesmo tipo á hora de pagar as taxas por licenzas de apertura ou cambio de titularidade.

Suscribirse a este canal RSS