Libros e artesanía, protagonistas no Porriño

Tras o éxito das pasadas edicións, o Concello de Porriño a través da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Veloso, organiza por quinto ano consecutivo a Feira do Libro e a Artesanía de Porriño. Dende este xoves e ata o sábado, en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas, poderanse visitar máis dunha vintena de postos na zona peonil de Porriño nos que artesáns e libreiros expoñerán artigos para a súa venda. Obxectos artesanais como abelorios, artigos de coiro ou olaría, rosquillas e Cup-Cakes, discos de música, películas e, por suposto, libros de toda índole son algúns dos produtos nos próximos días inundarán o centro de Porriño.

Clausura da exposición "Arte con Cerveza"

O alcalde do Porriño, Nelson Santos e a concelleira de Igualdade, Teresa Veloso, acompañaron onte a Virginia Vilar na clausura da súa exposición no Centro Cultural Municipal. No acto de clausura, fíxose entrega á AECC do Porriño do diñeiro recadado no sorteo da obra que a artista tiña doado como contribución á loita contra o cancro de mama, un sorteo no que o azar fixo que resultase gañador o alcalde, Nelson Santos que, a súa vez, doou o cadro novamente á asociación para que o poxe no vindeiro rastriño solidario.

Suscribirse a este canal RSS