Tomiño prepara un amplo programa de actividades para a 'II Festa Agro LGTBI'

Tomiño celebrará, o 29 de xuño no Mercado Municipal, a segunda edición da 'Festa Agro LGTBI', unha iniciativa que con tan só dous anos de vida, conta cun extraordinario éxito de participación e convértese nun exemplo, non só de visibilización do colectivo LGTBI+ no medio rural senón, como sinalan os organizadores, como "unha vía de reivindicación do campo como un lugar de oportunidades”.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño e Cerveira celebran a súa 2ª andaina saudable

En conmemoración dos 15 anos da apertura da Ponte Internacional da Amizade, entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, a Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza a II Andaina do mesmo nome, o domingo 16 de xuño de 2019. A proba terá unha duración estimada de 2.30 h e transcorrerá por terras de ambas as localidades transfronteirizas. Cunha dificultade media-baixa, sairá ás 10.00 h (hora galega) desde o Espazo Fortaleza de Goián, para seguir por Eiras, Ponte da Amizade, Lenta e INATEL, e regresar polo Ponte da Amizade ao Espazo Fortaleza outra vez.

  • Publicado en Tomiño

Irlanda, Austria e Italia, interesadas en coñecer as traídas de auga tomiñesas

Representantes de traídas de auga locais de varios países europeos, entre eles, Irlanda, Austria e Italia, visitarán Tomiño o día 6 de xuño co fin de manter un encontro de traballo coas traídas locais e compartir experiencias. A de Tomiño é a segunda parte das xornadas “Status Quo das comunidades de usuarios de auga de consumo a nivel de Europa”, organizadas polo partenariado “Life Water Way”, en Santiago de Compostela; no Salón de Actos de la Consellería de Sanidade, o día 5, desde as 9.15 hasta as 14.00 horas.

  • Publicado en Tomiño

Tres colexios tomiñeses participan na 'Bienal dos Pequeninos' de Vila Nova de Cerveira

Tres centros de Primaria e Infantil de Tomiño acoden á novena edición de Educarte 2019, mostra de arte infantil e xuvenil incluída este ano na senda da Eurocidade Tomiño-Cerveira. Os colexios de Sobrada, Goián e Tomiño (Pedro Caselles) asisten cos seus traballos, á exposición coñecida na zona coma a 'Bienal dos Pequeninos', e inaugurada esta mañá coa presenza de autoridades de ambos os municipios fronteirizos.

  • Publicado en Tomiño

Sandra González, suma e segue

Tomiño é deses municipios que, chegadas unhas eleccións municipais, sempre espertan curiosidade. Esa curiosidade ven dada non pola incerteza dos resultados, senón por saber onde está o límite da súa alcaldesa Sandra González. Visto o visto, ese listón aínda está lonxe e, se no 2011 acadaba a maioría absoluta de 9 concelleiros, no 2015 a subía a 10 e neste 2017, xa a puxo en 11. Mentres, o PP mantén os seus 4 concelleiros e o PSOE pasa de 1 a 2.

  • Publicado en Tomiño

Os Mercados de Tomiño e Ourense irmándanse dentro da campaña 'Quere o teu mercado'

O vindeiro sábado 25 de maio (Día dos Mercados), o mercado municipal de Tomiño irmandarase co de Ourense, no marco dunha nova edición da campaña 'Quere o teu mercado' que é o lema en galego, da campaña internacional dos mercados Love Your Local Market. A iniciativa conta este ano coa participación de mercados europeos e doutros países (España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia,  Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos).

  • Publicado en Tomiño

Tomiño leva a compostaxe aos centros escolares de de Infantil e Primaria

O Concello de Tomiño, na súa aposta pola mellora na reciclaxe de residuos e prevención, está a poñer en marcha ao longo do mes de maio, os composteiros dos centros escolares do municipio. O obxectivo, como xa se fixo no CRA (Colexio Rural Agrupado), é ensinar aos mais pequeno/as, como darlle outra vida ao lixo orgánico e de forma sinxela obter un bo compost para a horta, que ademais de mellorar a fertilidade, a estrutura e a humidade da terra, tamén proporciona melloras medioambientais e económicas.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño é un dos poucos concellos galegos que terán wifi gratis nos espazos públicos

Tomiño é un dos 510 municipios españois que poderá beneficiarse das axudas que concede a Unión Europea para financiar wifi gratis de alta velocidade en espazos públicos. A Comisión Europea anunciou o nome de 3.400 municipios europeos (unha ducia en Galicia) que recibirán 15.000 euros para financiar estas instalacións, dentro do programa “Wifi4EU”, co que a UE quere apoiar a instalación de conexións de alta velocidade en municipios europeos (entre 6.000 e 8.000), cun orzamento de 120 millóns de euros para o período 2018-2020.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS