'Avenida do Baixo Miño', a circunvalación de Tomiño xa ten nome

A nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo e que transformará o centro da vila cara un espazo público pensado para as persoas, xa ten nome: 'Avenida do Baixo Miño'. O proceso participativo a través do que todos os veciños e veciñas do municipio puideron, primeiro, achegar ideas sobre que nome poñerlle a esta nova infraestrutura e, finalmente, escoller aquela que máis lle gustase a través votación popular, culminou hai unhas semanas con este resultado provisional, xa que está pendente de aprobación no pleno municipal.

  • Publicado en Tomiño

Máis de 500 persoas tomarán a saída no 'VI Desafío Terras de Turonio'

Chega unha nova edición do maratón de BTT por parellas máis importante do norte de España. A sexta edición do Desafío Terras de Turonio chegará ao centro de Tomiño o vindeiro sábado 4 de maio con récord de inscritos: un total de 516 persoas de distintos puntos de España e Portugal participarán na gran cita do ciclismo de montaña de longa distancia por parellas.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño celebra o 1 de maio a 'II Carreira do Día do Traballador'

Tomiño celebrará o 1 de Maio cunha xornada de deporte, saúde e diversión. O centro da vila acollerá a 'II Carreira Día do Traballador', unha proba organizada polo Tebra F.C. en colaboración co Concello na que se anima a participar a todas as persoas “nunha mañá festiva e saudable”. O obxectivo desta proba é “fomentar o deporte e celebrar un día de festa” ao tempo que se recadan fondos. e dende a organización esperan superar este ano os máis de 100 inscritos da primeira edición.

  • Publicado en Tomiño

A Eurocidade achega a arte a máis de 400 estudantes de Tomiño e Cerveira

Diversión, convivencia e achegamento ao mundo da arte. Eses son os piares das cinco sesións de actividades artísticas organizadas pola Escola Superior Gallaecia de Cerveira en colaboración coa Mesa de ANPAs de Goián e a ANPA Solleiro do IES Antón Alonso Ríos ao abeiro dun dos proxectos gañadores na votación do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2018.

  • Publicado en Tomiño

O Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño busca relevos

O Consello da Infancia e Adolescencia 'Voces Novas' de Tomiño, celebrou esta semana un pleno no Concello, co fin de artellar a estratexia de difusión da campaña de adhesión de novos socios e socias que comezará nestes días, e lograr deste xeito suplantar aos membros que se darán de baixa en breve, por cumprir os 18 anos.

  • Publicado en Tomiño

Café en Tomiño para conmemorar o Día Europeo da Información Xuvenil

Continuando cos actos de conmemoración da Semana Europea da Mocidade, o Concello de Tomiño, a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil, vén de celebrar un encontro informal coa mocidade tomiñesa 'Toma un café con Europa', co fin de conversar e debater de forma distendida sobre temáticas coma a Unión Europea, retos de futuro, etc.

  • Publicado en Tomiño

Alumnado de Xeografía e Historia da USC e Minho visitan a Eurocidade Tomiño-Cerveira

A Eurocidade Cerveira-Tomiño esperta o interese do estudantado de Xeografía e Historia. Arredor de 70 alumnos e alumnas e seis docentes das universidades de Santiago de Compostela e Minho (Braga) visitaron Tomiño para coñecer de primeira man os pormenores deste proxecto das dúas beiras do Miño, con especial fincapé nos orzamentos participativos por ser “unha experiencia pioneira a nivel transfronteirizo”.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño presenta as actuacións de reestruturación e mellora dos espazos públicos de Goián

O Concello de Tomiño presentou, no Centro Goianés, o proxecto de reestruturación e mellora dos espazos públicos de Goián, un dos dous núcleos urbanos que artellan a vila tomiñesa e que ata o de agora carecía dunha planificación urbanística sostible acorde coas necesidades da veciñanza, ameazando o futuro do seu patrimonio arquitectónico. Aínda que o proxecto ven do 2009, para dotar ás actuacións dun marco xurídico axeitado, o Concello de Tomiño, redactou unha modificación puntual do PXOM que foi aprobada definitivamente no ano 2018.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS