O 1 de agosto reactívase a Zona Azul de Tui

A partir de mañá, 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. O estacionamento gratuíto limitado no tempo a hora e media aplícase nestes viarios de 10 h a 14 h e de 16 h a 21 h agás domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

  • Publicado en Tui

A Deputación inicia a obra da nova glorieta de Cristelos en Tomiño

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra iniciará esta semana as obras de construción dunha glorieta para resolver a situación de inseguranza viaria que existe na intersección de Cristelos, no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial EP-3101 dentro do Concello de Tomiño. Ademais da construción da rotonda para regular o tráfico, instalaranse tamén elementos redutores de velocidade, delimitarase unha zona de circulación peonil e unha nova parada de autobús, e construiranse novos servizos de alumeado e drenaxe.

  • Publicado en Tomiño

A Guarda establece un dispositivo de tráfico ante o Encontro de Embarcacións Tradicionais

O Concello da Guarda vén de dar a coñecer o dispositivo de tráfico que o executivo local poñerá en marcha ante o 'XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia', acontecemento multitudinario, que se vai celebrar na Guarda entre os días 11 e 14 de xullo. O dispositivo de tráfico está deseñado sobre a base dunha circulación restrinxida na zona do porto, onde se desenvolverán as principais actividades do encontro.

Ponteareas da por rematado o acondicionamento do aparcamento de Granitos de Galicia

O Concello de Ponteareas vén de dar por rematados os traballos de acondicionamento do novo aparcamento municipal ubicado no solar da antiga empresa Granitos de Galicia e Aceros del Tea. O estacionamento, inicialmente, contará con 61 prazas, dúas delas para persoas con mobilidade reducida e catro para motos. A concelleira de Vías e Obras e tenente de alcalde, Chus Garrote, adiantou xa que a instalacion ampliarase próximamente duplicando o número de prazas iniciais.

ACiP denuncia a presenza de auxiliares de Policía Local "poñendo multas de tráfico"

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas e candidato á alcaldía, Juan Carlos González Carrera, vén de denunciar o que considera “alarmante incremento de sancións e recadación abusiva” por parte do Concello de Ponteareas en materia de tráfico. Segundo González Carrera a súa formación tivo que recorrer “ao amparo do secretario municipal para que lle fora recoñecido o dereito a acceder a esta información”. Segundo os datos, di o portavoz de ACiP, no 2017, as sancións impostas foron 1.878 fronte as 1.329 do ano 2017”.

Tráfico e cultura, «Aparca ben e leva un libro»

O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila en colaboración coa Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A praza de aparcadoiro xa dispón dun sinal vertical que informa da prohibición de aparcar excepto para facer uso dos servizos da biblioteca e por un máximo de quince minutos.

Tráfico e estacionamento restrinxido en Tomiño polo «Venres de Foliada»

A celebración do desfile de Entroido «Venres de Foliada» que terá lugar mañá 1 de marzo e dadas as obras da nova autovía que se están desenvolven do na actualidade, obrigan ao Concello de Tomiño a practicar restriccións de tráfico e estacionamento ao longo do percorrido deste multitudinario desfile de entroido.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS