López-Chaves destaca as melloras acadadas coa reforma da rúa Elduayen en Baiona

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal, visitou a localidade para comprobar a “notable mellora” que supuxo a intervención da Axencia Galega de Infraestruturas na rúa Elduayen en canto á reordenación do tráfico. Destacou así a constatable fluidez da circulación nunha zona onde “as retencións na temporada estival eran importantes”.

  • Publicado en Baiona

Hoxe entrou en vigor a reordenación do tráfico na rúa Casal Aboy de Tui

Hoxe mércores, 1 de agosto, entrou en vigor a reordenación do tráfico na rúa Casal Aboy que consiste, principalmente, no establecemento de aparcamentos en fila a ambos lados da calzada e un único carril de circulación polo centro da vía, co que se busca evitar o estacionamento en dobre fila. Durante a xornada os dous últimos días, traballouse por parte da concellería de Seguridade, Tráfico e mobilidade, presidida por Antonio Castro Negro, no pintado da sinalización horizontal da rúa.

  • Publicado en Tui

O Porriño continúa a súa loita contra o consumo de alcohol entre os condutores

No primeiro semestre deste 2018, os axentes da Policía Local do Porriño realizaron máis de 1.000 probas de detección de alcohol a condutores das que 47 foron positivas, imputando 22 delitos contra a Seguridade Vial ao superar as taxas os 0,60mg/l. Deste xeito o Concello porriñés mantén o seu propósito de loitar contra o consumo de alcohol e estupefacientes ao volante e contribuir, dese xeito, a evitar accidentes de tráfico.

Trinta condutores interceptados no Porriño por circular baixo efectos de substancias estupefacientes

Dende o pasado mes de febreiro, e seguindo as instrucións das Concellerías de Seguridade e Tráfico, a Policía Local do Porriño está a levar a cabo unha campaña tanto para detectar o consumo de drogas entre condutores coma para  acabar co «menudeo» a pequena escala. O xefe da Policía Local  do Porriño sinala que no marco desta campaña, os axentes realizaron 30 probas positivas en drogas a persoas que circulaban polo Porriño aos mandos dun vehículo, “todas elas sancionadas con multas de 1.000 € a perda de 6 puntos no carné de conducir”.

Luz verde do Goberno de Carmela Silva á reforma do aparcadoiro de Chapela

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este luns a nova achega para o concello de Redondela, dentro da Liña 1 do «Plan Concellos 2018», por un valor total de 60.327,12 euros, coa que se financiará a reforma do aparcadoiro anexo á Alameda de Chapela.  O proxecto supón a retirada do parque infantil da zona para poder ampliar o espazo de aparcamento na zona traseira da Alameda. As obras tamén inclúen o asfaltado da explanada.

Ponteareas ampliará a zona azul que inclue un tramo horario pola tarde

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas, que dirixe a socialista Vanesa Fernández, procederá nestes vindeiros días á adxudicación servizo de zona azul que, amais de ampliar as zonas de estacionamento por tempo limitado, incluirá un horario de tarde ata o de agora inexistente. A nova empresa concesionaria colocará un parquímetro máis na confluencia das rúas Vidales Tomé e Ciclista Emilio Rodríguez ampliando o número de aparcamentos en zona azul en canto se modifique a ordenanza.

Os socialistas de Ponteareas denuncian o "afan recadatorio" dos novos radares na N-120

O PSdeG-PSOE de Ponteareas vén de denunciar a instalación de novos radares de control de velocidade na N-120 instalados, sinalan os socialistas, "unicamente con fins recadatorios por parte do Goberno de Mariano Rajoy". As afirmacións, realizadas en medio dun enfrontamento aberto entre populares e socialistas ponteareáns con mutuas acusacións de "afan recadatorio", non deixan de ser certas se se ten en conta a ilóxica situación deste radar cando, de querer garantir a seguridade viaria, hay outra ducia de puntos na propia N-120 no que instalar estes aparellos malditos.

Ponteareas e a «guerra das multas»

As manifestacións realizadas en pasados días pola concelleira do PP, Belén Villar, sobre o "afan recadatorio" do Goberno local no que á imposición de múltas de tráfico fai referencia, vén de derivar nunha auténtica guerra tanto de cifras como de acusacións. Mentres a portavoz popular anunciaba a presentación, vía rexistro, dun escrito para que a concelleira de Tráfico explique "a que persoas e en que datas se lle quitaron multas" o Goberno local asegura que a contabilidade municipal demostra que o Goberno do PP ingresou un 20% máis en multas que o actual.

Suscribirse a este canal RSS