Tui solicita a Fomento mellorar a sinalización da A-55 ao seu paso polo municipio

O Concello de Tui dirixiuse á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, dependente do Ministerio de Fomento, solicitando a revisión e mellora dos datos incluídos nos paneis informativos situados na autovía A55 e ao seu paso polo termo municipal de Tui. En concreto dende o concello solicítase a instalación de paneis turísticos reflectindo o conxunto histórico de Tui, declarado como tal en 1967, e que forma parte do catálogo SISTHO dende 1998.

  • Publicado en Tui

Vanesa Fernández: "Quitar multas aos amigos, como facía o PP, acabouse"

A Concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá de Ponteareas, VAnesa Fernández, cualificou de "ridículas" as acusacións realizadas pola portavoz do PP, Belén Villa, nas que acuasba á Concellería de Tráfico de "afan recadatorio" polo que aseguraba era un incremento excesivo nas multas de tráfico. A edil socialista considera que "o Partido Popular está acostumado a unha época onde se quitaban e poñían multas desde a alcaldía”.

O PP de Ponteareas acusa ao Concello de "afan recadatorio" polas múltas de tráfico

O Partido Popular de Ponteareas vén de denunciar o que cualifican de "afán recaudatorio" do Goberno local que "enche as arcas municipais a costa de sancionar ós vecinos". Segundo a portavoz popular, Belén Villar, segundo a liquidación do ano 2017, o Concello "recauda e sanciona un 85% mais do previsto nos orzamentos” xa que, afirma, dos 70.000 € previstos polo Goberno tripartito de sancións de tráfico, "ao final resultou que a recaudación foi moi superior".

Baiona pon en marcha un Plan de Tráfico con motivo da VigBay

O plan de tráfico que o Concello de Baiona vén de artellar, de cara a facilitar o desenvolvemento da «VigBay 2018» poñerase en funcionamento ás 10:00 horas do próximo domingo, 8 de abril, día en que se celebra a décimo novena edición da carreira, e restrinxirá a circulación nos viarios de acceso ao centro de Baiona. O dispositivo darase por finalizado cara ás 13 horas.

  • Publicado en Baiona

Ponteareas contará, en breve, cun novo aparcadoiro gratuito de 100 prazas

O Goberno local de Ponteareas continúa realizando xestións de cara a poñer en marcha un novo aparcadoiro gratuíto na parcela de Granitos de Galicia. O novo estacionamento, cunha capacidade de 100 prazas, engadiríase aos xa existentes na Avenida de Castelao, para 53 prazas e a ampliación en máis de 40 prazas no de Santa Ana. O executivo que preside Xosé Represas espera pechar, nos próximos días, o acordo para a cesión desta céntrica parcela.

Salceda crea 50 novas prazas de estacionamento gratuítas no casco urbano

O Concello de Salceda de Caselas está a rematar a adecuación de novas zonas de aparcamento na traseira da Praza de Abastos. Os novos espazos, que suman un total de 2.270 metros cadrados, supoñen a creación de máis de 50 novas prazas de aparcamento gratuíto en pleno casco urbano que xa estarán dispoñibles para ser usados xa nestes días de Entroido, en que afluencia a Salceda de Caselas se prevé multitudinaria.

Tomiño cortará varias rúas do centro para o desfile do «Venres de Foliada»

Últimos detalles para que todo estea listo para a celebración en Tomiño do tradicional «Venres de Foliada», que este 9 de febreiro congregará a miles de persoas polas rúas da vila. Un operativo formado por preto de 45 persoas entre Policía Local de Tomiño con reforzos de axentes de A Guarda, voluntarios de Protección Civil e traballadores do Concello, traballará para que o evento transcorra con total normalidade.

  • Publicado en Tomiño

Varias rúas do Porriño, pecharán ao tráfico o venres polas probas ciclistas

A Policía Local do Porriño informa de que co gallo da celebración das probas ciclistas, o vindeiro venres, día 29, estará prohibido aparcar dende as 17 horas e se cortará o tráfico dende as 19 horas.

As rúas afectadas son: Ramón González, Manuel Rodríguez, dende o número 1 ata o cruzamento coa rúa Xogo da Ola, esta última rúa, Leandro Diz, dende o cruce de Xogo da Ola, en dirección ao paso a nivel, rúa Cando, rúa Mercado ─na que estará permitido aparcar, pero a saída da rúa Cando estará cortada dende as 7 da tarde─, rúa Peña e Pío XII que estará cortada pero poderase estacionar nela.

Suscribirse a este canal RSS