O 1 de agosto reactívase a Zona Azul de Tui

A partir de mañá, 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. O estacionamento gratuíto limitado no tempo a hora e media aplícase nestes viarios de 10 h a 14 h e de 16 h a 21 h agás domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

  • Publicado en Tui

México, Serbia e Guinea Bissau, protagonistas da «XX Noite Internacional do Miño»

O folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a vixésima edición da Noite Internacional do Miño. A cita será o próximo martes, 23 de xullo, ás 21:30 h no Parque do Laxal en Rebordáns. Este evento está organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui, a Comunidade de Montes en Man Común de Rebordáns e a Deputación de Pontevedra.

  • Publicado en Tui

O Obradoiro Percorre Tui realizou visitas para os participantes no Campamento de Un Máis

Alumnado da especialidade de 'Promoción turística local e información ao visitante' do obradoiro de emprego 'Percorre Tui' realizaron ao longo desta mañá varias visitas guiadas para os nenos e nenas de 4 a 18 anos que están a participar no campamento inclusivo que dende comezos de mes imparte a Asociación Un Máis. No campamento están a participar 25 nenos e nenas, dos que 13 teñen TEA, xunto a voluntarios e monitores.

  • Publicado en Tui

Tui presenta 'Verán na rúa' un amplo programa de actividades para xullo e agosto

A oferta estival do Concello de Tui para os meses de xullo e agosto recolle musica, historia, cinema e deporte baixo o lema de 'Verán na rúa'. Esta programación cultural en Tui pivota sobre tres grandes eventos que se van celebrar na cidade. Son o IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla, a Festa do Miño, e o Festival da Cultura Arraiana, Arraianos.

  • Publicado en Tui

Tui e Confederación Hidrográfica mateñen o compromiso da ponte peonil sobre o Louro

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse na mañá de hoxe en Ourense co presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga Díaz, para abordar a recuperación do convenio entre ambas institucións para construír unha ponte peonil sobre o río Louro. Tras o encontro desta mañá o alcalde comprometeuse a pór de inmediato en marcha o proxecto expropiatorio dos terreos afectados pola construción desta ponte, un trámite que o rexedor agarda poder completar antes de finais de ano.

  • Publicado en Tui

Peche da Biblioteca de Tui por formación do persoal

A Biblioteca Pública Municipal de Tui permanecerá pechada os martes 9 e 16 de xullo tanto en horario de mañá como de tarde debido a que todo o seu persoal ten que asistir en Santiago a sendas xornadas de formación. O Concello de Tui pide desculpas aos usuarios polas molestias que o peche poida ocasionar.

  • Publicado en Tui

O Paseo da Corredoira será peonil nas fins de semana de verán

O Paseo da Corredoira pecharase ao tráfico rodado e ao estacionamento durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto. A medida comezará a aplicarse este sábado, 6 de xullo, e estará vixente até finais de agosto. Deste xeito os sábados dende ás 14 h e ata o domingo ás 00 h non se poderá estacionar nin circular no tramo do Paseo da Corredoira comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS