Tui entra a formar parte da 'Red de Juderías de España'

A Asemblea Xeral da Red de Juderías de España celebrada en Madrid acordou aceptar á entrada da cidade de Tui nesta entidade formada por 18 municipios. A partir deste mes de xuño, a red estará formada por 22 concellos xa que, ao mesmo tempo que Tui incorpóranse os municipios de Béjar, Sagunto e Lorca. A entrada efectiva dos catro novos membros farase na segunda asemblea da Red que terá lugar a finais de xuño.

  • Publicado en Tui

A Deputación aproba dous novos investimentos para Tui de preto de 165.000 euros

A Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, dous novos investimentos por un valor de 164.707,44 euros para Tui con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 94.759,04 euros para a reforma da rede de saneamento e melloras na drenaxe e ventilación da cámara na planta baixa dun edificio de vivendas en Caldelas, e outros 69.948,40 euros para financiar o acondicionamento do parque de Areas.

  • Publicado en Tui

O telón do Teatro Principal de Tui, exposto durante as festas de San Telmo

O telón do Teatro Principal será exposto, no mes de abril, durante as festas de San Telmo logo de realizar unha limpeza e análise do mesmo. A pasada semana levouse a cabo o exame organoléptico para avaliar o estado de conservación da cortina de boca do Teatro Principal. Segundo a especialista en conservación, a peza a pesar do seu manifesto deterioro, presentaba a nivel de soporte a suficiente resistencia para ser exhibido.

  • Publicado en Tui

Tui, punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar

Tui será o punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar. Do 18 ao 21 de abril realizarase unha experiencia piloto e a continuación as rutas poranse en marcha de forma estable até outubro, sempre que as condicións do tempo o permitan. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, presentou este mediodía esta iniciativa xunto a Alberto Rocha, promotor da mesma, e Antonio Paz, presidente da Asociación Galega de Kaiak de Mar.

  • Publicado en Tui

Tui incluído no Plan Rexurbe da Xunta de Galicia

O candidato do Partido Popular de Tui, José Ángel Fernández Rodríguez, manifestou "a súa enorme satisfación" co anuncio feito, esta tarde pola Conselleira de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez de incorporar o municipio de Tui no Plan Rexurbe. Trátase, explica o candidato popular, dunha magnifica nova "de especial trascendencia para o noso Concello que permitirá achegar recursos públicos para adquirir inmobles en estado de abandono ou semiabandono no Casco Histórico de Tui para proceder a súa rehabilitación".

  • Publicado en Tui

O apartado de turismo na web tui.gal está xa accesible en inglés

O apartado de turismo na web municipal tui.gal está xa accesible en inglés. Deste xeito a información turística da cidade pódese consultar en galego, castelás e inglés. En concreto ao acceder ao apartado de turismo na parte superior da web pódese elixir o idioma no que se desexa sexa amosada a información.

  • Publicado en Tui

Tui apraza ao 17 de marzo o Desfile de Comparsas

A choiva e o vento do pasado martes obrigaban, ao Concello de Tui, a suspender o Desfile-Concurso de Entroido. Ante a incertidume da situación meteorolóxica para esta fin de semana, a organización decidiu trasladar o este Desfile-Concurso ao domingo 17 de marzo e, para manter unha secuencia lóxica dos eventos, o domingo 24 de marzo terá lugar a despedida do Entroido co tradicional Enterro do Bacallau.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS