Inscrición no Programa Diurno de Balnearios

O Concello de Tui informa que ata o 30 de abril está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acoller ao Programa Diúrno de Balnearios 2015 Coidarte promovido pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui.

  • Publicado en Tui

As festas de San Telmo e o deporte

Unha andaina saudable, torneo de minitenis e carreira popular son as tres actividades deportivas que se van celebrar en Tui esta fin de semana co gallo das Festas de San Telmo. Este eventos foron presentados onte na Casa do Concello de Tui polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Antonio Castro, o presidente da Comisión de Festas de San Telmo, Francisco Javier Rodríguez, o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez, o responsable do Club Tenis Tui, Pablo García, así como o presidente de SOS Baixo Miño, José Quinteiro.

  • Publicado en Tui

Curso de introdución á lingua inglesa na Aula UNED

A Aula Universitaria de Tui acollerá do 17 de abril ao 26 de xuño de 2015 un novo curso de introdución á lingua inglesa. O curso, dirixido a calquera alumno con coñecementos básicos do idioma, terá lugar todos os venres de 17:30 horas a 19:30 horas nas instalacións da aula universitaria tudense.

Do 8 de abril ao 10 de xuño, a Aula UNED de Tui acollerá o curso Conversación en inglés a través de situacións comunicativas (básico avanzado), un seminario de inglés dirixido alumnos de nivel básico-intermedio (nivel A2) que desexen mellorar a comunicación interpersoal no devandito idioma.

Este curso centrarase eminentemente na adquisición de vocabulario cotián a través da práctica oral do idioma. O obxectivo é comprender e utilizar expresións cotiás de uso moi frecuente, así como frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato.

O curso, que terá lugar nas instalacións da aula universitaria cada venres de 17:30 horas a 19:30 horas, terá unha carga lectiva de vinte horas e un prezo de matrícula de 40 euros.

Todas as persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula a través da páxina web da UNED-Pontevedra, chamando por teléfono o 986 851 850 ou dirixíndose ao edificio da Aula UNED de Tui.

  • Publicado en Tui

Antonio Piña, pregoeiro das festas de San Telmo

A lectura do pregón polo maxistrado-xuíz Antonio Piña marca o inicio das Festas de San Telmo en Tui, declaradas de Interese Turístico Galego e que se celebrarán do 4 ao 13 de abril. Dentro do programa cabe salientar a celebración, o domingo as 18:00 horas, do Festival Folclórico Festas de San Telmo, na que participarán un total de oito formacións e que terá entrada libre e gratuíta.

  • Publicado en Tui

IV Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade

Un ano máis, a Eurocidade Tui Valença pon en marcha o Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, no que, ao longo deste ano 2015, dende marzo a decembro, se realizarán dezasete andainas saudables polo municipio de Valença e polo Concello de Tui. O primeiro trilho celebrarase este sábado, 14 de marzo. Será o “Trilho Veiga da Mira” que sairá ás 10.00 horas españolas, dende Nosa Señora da Cabeça, percorrendo as freguesías de Cristelo Covo e San Pedro da Torre.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS