O talaso natural de Baiona, segundo nos premios de destinos sustentables de Berlín

O Concello de Baiona vén de recibir o segundo premio na categoría «Best of seaside» (O mellor da zona costeira) dos prestixiosos premios «The Best of Top 100 Destinations», que a organización internacional Green Destinations concede aos 100 destinos máis sustentables de todo o mundo no 2018. Os finalistas en cada categoría, como foi o caso de Baiona, foron seleccionados por un comité de expertos de diferentes organizacións internacionais.

  • Publicado en Baiona

A Guarda abre a inscrición para o proxecto de turismo sustentable «Protura»

A Guarda acolle, este mes de setembro, «Protura», un curso sobre turismo sustentable adicado aos profesionais do sector turístico, con formación mixta, a distancia e presencial. O prazo de inscricións está aberto, a formación a distancia realizarase do 17 de setembro ao 28 de outubro e a formación presencial terá lugar o 1 e 2 de outubro. Para inscricións ou máis información, interesados e interesadas poden dirixirse ao teléfono 886 210 725 ou o enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  • Publicado en A Guarda

Baiona mantense na elite nacional do turismo sustentable

O Concello de Baiona recibiu este xoves na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se está a celebrar en Madrid o premio Quality Coast Gold Award, segunda cualificación máis alta do proxecto, o que certifica a aposta pola sustentabilidade turística e medioambiental.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS