O Porriño adquire un local para aula da UNED

O Concello de Porriño vén de adquirir esta semana un local de 260 metros cadrados na rúa Fernández López, nº 2 para radicar a aula da UNED nesta vila, dando cumprimento ó acordó plenario adoptado pola Corporación Municipal en maio de 2018. Pola súa banda, o Partido Popular cualificou de "arbitraria" a adquisición deste local comercial por máis de 276.000 euros, cando, sinala o seu portavoz e candidato á alcaldía, Alejandro Lorenzo, "existen outros locais que reunirían as condicións requiridas pola UNED, incluso o Concello dispón de instalacións que poderían ser acondicionadas a tal fin".

Curso de introdución á cata de viños na aula UNED de Tui

A aula UNED de Tui acollerá do 30 de maio ao 27 de xuño un curso de introdución á cata de viños que ten como obxectivo achegar ao alumno os aspectos básicos da cultura vitivinícola: variedades, rexións, historia, así como as nocións fundamentais da análise sensorial. Para iso, achegaranse ao asistente conceptos relacionados coa vide, coa cata ou a composición do viño, así como o mapa vitivinícola de España e os principais viños do mundo.

  • Publicado en Tui

Os beneficios da terapia con cabalos, a estudo na aula UNED de Tui

A aula UNED de Tui acollerá do 2 ao 29 de maio o curso Beneficios da Hipoterapia e a Equitación Terapéutica con persoas afectadas de autismo. Un seminario que ten como obxectivo profundar nos principios terapéuticos da terapia asistida con cabalos, tamén coñecida como hipoterapia ou equitación terapéutica, poñendo especial énfase nos beneficios que dita actividade reporta ás persoas que presentan problemas de desenvolvemento e algún trastorno do espectro autista.

  • Publicado en Tui

Carmela Silva recibe ao alumnado de Filosofía da UNED Senior

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu esta mañá cun almorzo no Pazo provincial ao grupo de alumnas e alumnos de Filosofía da UNED Senior, que a escolleron como madriña da súa promoción en calidade de Presidenta provincial. O alumnado entregoulle como obsequio un ramo de flores e unha copia do libro do filósofo e titor do curso Marcelino Agís «Introdución á historia da filosofía», editado pola Deputación de Pontevedra.

Eva García cualifica de "histórica" a apertura dunha aula da UNED no Porriño

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre cualificou de "histórica" a decisión adoptada o pasado mércores pola Xunta Reitora da Universidade Nacional de Educación a Distancia, presidida por Carmela Silva, na que se aprobou a posta en marcha dunha Aula da UNED no concello do Porriño. En concreto, tal e como asegurou Silva, “trátase dunha aula que impulsamos co apoio do propio Concello e da Confederación de Empresarios e vén a sumarse ás tres aulas que o Centro Asociado ten xa en funcionamento en Vigo, Portas e Tui”.

A UNED de Tui impartirá un curso de iniciación á viticultura

O Centro Asociado á UNED en Pontevedra en Tui acollerá do 16 de xaneiro ao 20 de febreiro un curso de introdución á viticultura, práctica de especial interese no territorio galego, onde se calcula que existen 26.000 hectáreas de viñedo. Esta proposta formativa, dirixida a calquera persoa interesada, ten como obxectivo introducir ao asistente o mundo da viticultura en Galicia, así como proporcionar coñecementos e ferramentas prácticas relacionadas co coidado da vide.

  • Publicado en Tui

A Aula UNED de Tui amplía a matrícula ata o 8 de novembro

A UNED, comprometida coa súa tarefa de universalizar a Educación Superior e facilitar aos seus alumnos a planificación e xestión dos seus estudos, vén de anunciar a prórroga do prazo de matrícula ata o próximo 8 de novembro, decisión que se suma ás adoptadas anteriormente na mesma dirección, tales como a apertura da matriculación no mes de xullo no canto de en setembro e a posibilidade de ampliar a matrícula en febreiro (do 1 de febreiro ao 8 de marzo de 2017).

  • Publicado en Tui

Curso de francés na aula UNED de Tui

A aula UNED de Tui acollerá do 28 de outubro ao 20 de xaneiro un curso de introdución ao francés. A actividade, 'Francés. Curso comunicativo: Parlez français! C´est facile!' está dirixida a persoas que xa posúan unha pequena base léxica e gramatical da lingua francesa e que desexen aprender a comunicarse e desenvolverse en situacións cotiás de forma espontánea.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS