A falta de maioría impide ao Goberno de Ponteareas levar o PXOM ao Pleno

As forzas políticas do Concello de Ponteareas pronunciáronse onte, na comisión de urbanismo, sobre a posible aprobación do PXOM no pleno ordinario da vindeira semana. O Partido Popular, ACIP e Esquerda Unida, que suman 11 edís, opuxéronse á aprobación do Plan mentres BNG, PSOE e A Riada do Tea, que contan con 10 edís, amosáronse a favor de aprobalo de inmediato. Xosé Represas asegura que, coa súa postura, "o PP rompe o consenso acadado no 2016 cando PP, BNG e PSOE aprobaron o Plan en sesión plenaria".

Tomiño impulsa o proxecto «Máis Goián» de reestruturación dos espazos públicos da parroquia

O Concello de Tomiño está ultimando a adxudicación, estes días, dunha parte das obras incluídas no proxecto 'Máis Goián', de reestruturación e mellora dos espazos públicos desta parroquia. As obras que se adxudican nestes días son Ampliación e mellora da accesibilidade á Alameda de Goián. Fase I e Fase II (incluídas no Plan Concellos 2017 e 2018/2019 da Deputación de Pontevedra, con 187.401,57€ e 430.000,00€, respectivamente). Á mesa de contratación da primeira fase das obras, presentáronse 10 empresas e á da segunda fase, 11.

  • Publicado en Tomiño

Chus Garrote advirte que o PP "quere dilatar a aprobación do PXOM"

A candidata socialista e Concelleira de Urbanismo, Chus Garrote, advirte que "o Partido Popular so quere dilatar a aprobación do PXOM e confundir á cidadanía actuando de maneira irresponsable a súa voceira Belén Villar nas súas funcións como concelleira da oposición". A concelleira socialista lémbralle á popular Belén Villar que "en novembro de 2018 abriuse un período de detección de erros para todo o mundo, canto máis para os concelleiros da oposición aos que se lles trasladou o documento nese mesmo mes contando tamén con liña directa co equipo redactor".

Belen Villar asegura que no PXOM "se fixeron grandes cambios prexudicando a moitos veciños"

A voceira e candidata do PP, Belén Villar, asegurou hoxe que o Goberno local "non foi quen de sacar adiante o PXOM nestes últimos catro anos" ao mesmo tempo que denuncia "que agora busque aprobalo en plena campaña sen presentar nas comisións os novos planos, as supostas novas modificacións, cunha total inseguridade que desde logo o grupo que lidero non vai apoiar”.

O goberno de Ponteareas pretende aprobar o PXOM neste mes de maio

O Goberno local de Ponteareas busca aprobar o PXOM neste mes de maio. Así o adiantaron o alcalde, Xosé Represas e a tenente de alcalde, Chus Garrote na comisión informativa celebrada no Concello, á que asistiron os grupos políticos, a arquitecta municipal e a empresa redactora do PXOM. Na reunión, a arquitecta municipal confirmou que todos os cambios que se introduciron no PXOM son necesarios e imperativos para dar cumprimento ás esixencias da Xunta.

Mondariz mellora a mobilidade e seguridade viaria na contorna do centro urbano

O Concello de Mondariz esta a desenvolver as obras denominadas de “Mellora de Mobilidade e Seguridade Viaria na Contorna do Centro Urbano e de equipamentos de Mondariz”, unha actuación coa que o Goberno local da continuidade ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible que permitiu as obras de mellora da seguranza Avenida Grupo Escolar, nas inmediacións do CPI Mondariz.

Ponteareas afronta a fase final do PXOM "adaptado ás esixencias da Xunta"

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convocará nos vindeiros días aos grupos políticos a unha comisión informativa na que se abordará o PXOM "adaptado ás esixencias da Xunta de Galicia" como paso previo a súa aprobación. Con esta convocatoria o goberno municipal enfila a fase final do PXOM para lograr a aceptación e aprobación definitiva por para da Xunta. Cómpre lembrar que en febreiro de 2016 o Pleno resolveu as alegacións presentadas polos cidadáns e aprobou provisionalmente o PXOM que se remitíu á Xunta para a súa aprobación.

Ponteareas renegocia as condicións de cesión do parque Ferro-Ucha

O convenio asinado a finais de 2012 conlevaba a cesión dos terreos sen custe durante un período máximo de catro anos, coa obriga do Concello de aprobar definitivamente o PXOM. Unha vez superados os catro anos, de non estar aprobado o Plan Urbanístico, o Concello tería que abonar 2.000 euros mensuais pola ocupación do terreo co parque público. Agora, o Goberno local vén de abrir o diálogo cos propietarios para tentar chegar a un acordo e renegociar os termos do convenio. 

Suscribirse a este canal RSS