'I Festival Daquelas que Cantan'. A Voz das Mulleres no Camiño Portugués

A partir de mañá Malvela e Uxía poranlle o broche final ás Festas da Rosa 2019 co I Festival Daquelas que Cantan. A Voz das Mulleres no Camiño Portugués, que se celebrará mañá venres 21 e o sábado 22 de xuño no Pazo de Mos. Contará con concertos de Malvela en homenaxe á Señora Carmen, Uxía, Celina da Piedade (Portugal), Kátya Teixeira (Brasil), Zaragateiras, Arume, Ergutío... entre outros.

  • Publicado en Mos

A Guarda reafirmase na loita pola igualdade ao son da música de Uxía

A deputada provincial de Emprego, Montse Magallanes, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, asistiron á décimo sétima intervención artística do programa «Mulleres en Acción. Violencia Zero» que se celebrou, onte ás 21:00 horas, na Praza do Reló da Guarda e que ten por obxectivo darlle visibilidade ás violencias machistas, así como dar a coñecer a novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

'Uxía canta a Manuel María', para celebrar as Letras Galegas 2016 en Redondela

A programación organizada polo Servizo de Normalización Lingüística para celebrar as Letras Galegas 2016 presenta este domingo 5 de xuño ás 20 h e no Auditorio da Xunqueira, o concerto “Uxía canta a Manuel María”. Coa iniciativa, búscase que as actividades destinadas a difundir as nosas letras, non queden cinguidas a un só día de celebración nin mesmo unicamente ao mes de maio.

Uxía e Narf levan as súas 'Baladas da Galiza Imaxinaria' ao Porriño

Uxía e Fran Pérez, Narf, despois dunha xira de 40 días da Costa Oeste á Costa Leste dos Estados Unidos, entre marzo e abril, retomaron os concertos por estoutra beira do Atlántico. Se nas semanas pasadas estiveron en Vigo e Lugo, desta volta achéganse ao Porriño. O concerto, de balde para todo o público que desexe asistir, estaba previsto para a Praza do Concello, mais vai ter lugar no Círculo Recreativo e Cultural (Avenida Domingo Bueno, 11) finalmente, pola previsión de choiva, ás 21 horas.

Suscribirse a este canal RSS