Comezan en Nigrán os Campus Deportivos de verán e o Campamento Infantil

O Concello de Nigrán arrincou esta semana cos campus deportivos de verán e o campamento infantil, dous recursos cos que o consistorio quere facilitar a conciliación das familias nunha época especialmente difícil ao ser as vacacións escolares. En total, deseñáronse nove campus deportivos que durante as mañás de xuño, xullo e agosto levan a cabo coa colaboración dos clubs do municipio.

  • Publicado en Nigrán

Mos reabre a piscina de San Eleuterio con motivo da tempada estival

O concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, anunciou hoxe que mañá, mércores 15 de xuño, abrirá as súas portas ó público a Piscina Municipal ó aire libre de San Eleuterio. Estas instalacións constan de dous vasos, un grande e un pequeno, destinado este último ó uso e desfrute dos cativos de menor idade. A piscina permanecerá aberta ao público durante un período total de tres meses: dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro.

  • Publicado en Mos

O Concello de Tui presenta a Axenda Cultural de verán e outono

O Concello de Tui presentou onte venres, día 17 de xullo, a Axenda Cultural con decenas de eventos para os meses de verán e citas no Teatro tamén para a tempada de outono. O acto de presentación tivo lugar  na Sala de Concelleiros do Concello de Tui.

  • Publicado en Tui

O venres, en Nigrán, pilates, zumba e mercadiño

Mañá venres será un día cheo de actividades en Praia América que van dende un mercadiño de artesanías do mundo ata clases gratuítas de pilates e zuma para os que queiran manterse en forma incluso nas vacacións.

  • Publicado en Nigrán

Máis de 3.000 persoas gozaron das actividades da fin de semana de Tomiño

O Concello de Tomiño agradeceu hoxe públicamente a ADETO e a todas as asociacións, comparsas entidades culturais, musicais, deportivas, artísticas e a todos os voluntarios a implicación e traballo para que os actos do fin de semana na Praza do Seixo foran un éxito. Non se pode esquecer que foron máis de 3.000 persoas que gozaron dos eventos na Praza do Seixo, entre participantes das asociacións e público que asistiu aos distintos eventos.

  • Publicado en Tomiño

Baiona reforza a Policía Local de cara ao verán

O Concello de Baiona reforza a policía local da vila coa contratación de 7 auxiliares de policía para ofrecer apoio ao equipo fixo durante o verán. O obxectivo é ofrecer un mellor servizo durante a época na que a vila rexistra un importante aumento da poboación tanto fixo coma flotante. Por este motivo, faise necesario ampliar o equipo habitual composto por catorce axentes con distintas categorías e un inspector-xefe.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS