Baiona despide os seus campamentos gratuítos de verán

O Concello de Baiona pechou, este luns, os campamentos urbanos gratuítos que se celebraron durante os meses de xullo e agosto. A actividade, dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 11 anos, contou coa participación de máis de sesenta rapaces e rapazas. A festa de despedida tivo lugar na Praza do Concello.

  • Publicado en Baiona

O 26 de xuño ábrese a inscrición para a Ludoteca de Verán de Ponteareas

A Concellería de Benestar Social, que xestiona Verónica Carrera, vén de anunciar a apertura doprazo de inscrición para as actividades da Ludoteca de Verán que será dende o día 26 de xuño ao 28 de xuño ámbolos dous inclusive. Interesados e interesadas poderán inscribirse de 09:00 h a 15:00 horas nas instalacións da ludoteca na avenida Castelao, nº 23, local 1.

Cruz Vermella Mocidade desenvolverá, neste verán, un amplo abano de actividades

Un ano máis coa chegada do verán, dende Cruz Vermella Mocidade en Ponteareas veñen de deseñar unha serie de actividades encamiñadas a ocupar o tempo libre de máis de 70 nenos, nenas e mozas do municipio. A primeira das actividades, con comezo o 4 de xullo, será a coñecida Aula de Xogos. Esta actividade, dirixida a nenos e nenas entre 6 a 12 anos desenvolverase en Ponteareas os martes e xoves en horario de 10.30 h a 12 h para nenos e nenas de 6 a 8 anos e de 12 h a 13:30 h para rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos.

Tomiño expon a súa oferta turística en tres idiomas cara a nova tempada estival

O Concello de Tomiño vén de publicar, co apoio da Deputación Provincial, e de cara ao verán, trípticos cos principais puntos de atracción turística do municipio. A publicación inclúe 34 lugares de interese, diferenciados ─con distintas cores─ segundo pertenezan ao patrimonio natural, arqueolóxico, relixioso, arquitectónico ou etnográfico, e espallados ao longo dun mapa no que aparecen estradas, ríos e outras referencias de orientación para o visitante.

  • Publicado en Tomiño

Mondariz presenta un programa cultural de verán con máis de corenta actividades

O Concello de Mondaríz vén de presentar a súa programación cultural para este verán 2016, que contará con máis de corenta actividades a desenvolver nos meses de xullo e agosto. O Programa Cultural está deseñado coa intención de ser apto para todos os públicos e cun amplo abano de iniciativas que van dende a música ao teatro pasando por espectáculos de maxia, actividades gastronómicas ou eventos deportivos.

Suscribirse a este canal RSS