Éxito da campaña «Agresión Off» da Concellería de Igualdade no Rock in Río Tea

A concellería de Benestar Social e Igualdade do concello de Ponteareas valorou de xeito moi positivo a campaña «Agresión Off» que promoveu no parque da Feira Vella durante a celebración do «Rock in Rio Tea» esta pasada fin de semana. En colaboración coa organización, a concellaría que dirixe Verónica Carrera, instalou un punto de información no que se realizaron enquisas e se ofreceu información todo o relativo ás agresións sexuais co obxectivo de achegar a mensaxe da importancia de cultivar vínculos de respecto nas relacións.

Ponteareas contratará a 11 novas traballadoras vítimas de violencia de xénero

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, vén de asinar un convenio coa Xunta de Galicia polo que a administración local recibirá un total de 187.919,44 € para a contratación de 11 mulleres vítimas de violencia de xénero. A partir do mes de setembro estas mulleres traballarán durante un ano a xornada completa, desempeñando tarefas de interese xeral e utilidade social, como administrativas, xardineiras ou limpadoras.

Ponteareas abre o prazo para as listas de substitución de auxiliar de clínica

A concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, vén de dar conta da apertura do prazo para as listas de substitución na categoría de auxiliar de clínica para a residencia municipal de maiores 'Santa Ana'. O prazo remata o vindeiro venres día 26 de xullo. As bases íntegras poden consultarse na páxina web do concello, no apartado “Oferta Emprego Público” “Listaxes de contratacións e nomeamentos” ou accedendo a través desta ligazón

Ponteareas reafirma o seu compromiso cunha sociedade inclusiva e igualitaria

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, está a colaborar con 'Familias Azuis' no desenvolvemento do programa TEApuntas, iniciativa que durante tres xornadas permitirá que as persoas con autismo desfruten dunha actividade que favorece e mellora as habilidades sociais de forma espontánea.

Ponteareas abre o prazo para o obradoiro de autodefensa para mulleres

O Concello de Ponteareas vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o curso de Autodefensa para mulleres que, organizado pola Concellería de Igualdade que dirixe Verónica Carrera, desenvolverase en dúas quendas entre o 14 de maio e o 23 de maio. A inscrición permanecerá aberta ata o vindeiro 13 de maio.

Ponteareas homenaxea ás súas mulleres

O concello de Ponteareas homenaxeou o domingo, 17 de marzo, a un grupo de mulleres, propostas por colectivos e asociacións veciñais, nas que se quería representar a todo o colectivo de mulleres do municipio. A iniciativa enmarcábase dentro das programadas polo Concello con motivo do Día da Muller. O Goberno local, no acto público celebrado no Auditorio Municipal, agradeceu "o traballo e exemplo de esforzo" das mulleres ponteareás.

Suscribirse a este canal RSS