Areeiro recomenda volver a dar tratamento contra o mildeu nas viñas da provincia

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro vén de recomendar, no seu aviso fitosanitario de hoxe, a necesidade de volver a aplicar tratamentos contra o Mildeu nas viñas, posto que por causa das condicións climáticas desta semana volvéronse detectar novos síntomas da enfermidade. Na EFA teñen constancia de que a aparición destes síntomas é xeneralizada por toda a provincia, pero comprobaron nas súas parcelas de seguimento que a maior incidencia se está apreciando nas comarcas do Rosal e do Condado.

ADAPTA inicia curso de poda de vides para formar a persoas con discapacidade

A Asociación de Persoas con Discapacidade de O Condado e Paradanta (Adapta) impartirá un curso de 'Laboreo e poda da vide', unha opción máis para mellorar as oportunidades de empregabilidade das persoas con discapacidade que viven na comarca. O curso terá unha duración de 30 horas que van ser impartidas de luns a venres en horario de 16.30 a 19.30 horas, iniciando o luns 25 de xaneiro e rematando o venres 5 de febreiro.

Suscribirse a este canal RSS