As baixadas das temperaturas diminúen o risco de mildeu nas viñas, segundo Areeiro

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de indicar no seu último aviso fitopatolóxico que o risco de infección da viña por Mildeu vaise reducir grazas á baixada das temperaturas. Os técnicos subliñan, así mesmo, que é preciso aplicar tratamentos só onde son estritamento necesarios, xa que se corre o risco de eliminar insectos e ácaros moi útiles para o desenvolvemento das vides.

Areeiro alerta que o mildeu xa apareceu en todas as viñas

A Estación Fitopatolóxica de Areiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de alertar de que o Mildeu xa está presente en todas as viñas da provincia debido ás condicións “extremadamente favorables” na climatoloxía para a aparición do fungo. Os técnicos sinalan que é preciso renovar canto antes os tratamentos, e para quen os aplicou nos últimos días -dende o pasado martes- é “imprescindible” comprobar que a intervención está a ser eficaz.

Areeiro alerta do "risco elevado" de mildeu nas viñas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación provincial, acaba facer público o seu último aviso fitosanitario no que advirte de que persiste o risco “en nivel elevado” por Mildeu nas viñas da provincia. Segundo destacan, as previsións meteorolóxicas ─a día de hoxe─ continúan anunciando clima variable con certa posibilidade de precipitacións para os próximos días.

Areeiro asegura que as condicións meteorolóxicas manteñen o risco de infección por mildeu

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra, insiste na necesidade de revisar as viñas para evitar infeccións por mildeu. Lembra Areeiro que fai unha semana se detectaban as primeiras manchas de mildeu tanto en fincas privadas como nas viñas propias de seguimento en diferentes puntos da provincia. Os técnicos da EFA aseguran que, a pesares de que xa realizou unha primeira aplicación do tratamento, seguen detectando a aparición de manchas, especialmente nas zonas menos aireadas.

Areeiro alerta sobre as primeiras manchas de mildeu nas viñas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra, vén de anunciar no seu último aviso fitosanitario a detección das primeiras manchas de Mildeu tanto en fincas privadas como nas viñas propias de seguimento en diferentes puntos da provincia. Os técnicos aconsellan realizar os tratamentos canto antes, sobre todo se non é posible revisar o viñedo, xa que de cara á primeiros da semana próxima anúncianse precipitacións que poden agravar a situación.

As Neves organiza un curso de poda en viña

O concello das Neves vén de organizar un curso de Poda en Viña e poda preventiva das enfermidades da madeira, para os vindeiros días 10 e 11 de febreiro. A actividade que terá un custe de 25 euros, ten as prazas limitadas a 40 participantes e inclúe unha parte teórica, nas Neves e outra práctica en Leiro.

  • Publicado en As Neves

Areeiro recomenda extremar a vixilancia para evitar a botrite na viña

A incidencia máis xeneralizada na viña durante esta semana son as posibles consecuencias das choivas deste venres e do pasado mércores, polo que dende a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, recomendan extremar a vixilancia ante a aparición de botrite, posto que a partires de agora é a enfermidade que máis pode comprometer a colleita.

Areeiro advirte sobre os tratamentos contra o mosquito verde na viña

A estación fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, vén de recomendar que antes de comezar tratamentos contra o mosquito verde das viñas, se faga unha comprobación de que, efectivamente, a viña está afectada por dito insecto. Os técnicos da EFA están a constatar que se están aplicando tratamentos contra teóricos ataques de mosquito verde que en realidade son síntomas de estrés hídrico

Suscribirse a este canal RSS