Unha misión comercial de Polonia visita Adegas Marqués de Vizhoja

As Adegas Marqués de Vizhoja acollen, a próxima semana, a visita dun importante grupo de importadores polacos, integrantes dunha misión inversa realizada baixo a coordinación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas cuxo principal obxectivo é coñecer de preto o territorio, a elaboración e a variedade dos viños de Rías Baixas.

  • Publicado en Arbo

Medio cento de persoas, na Ruta do Viño Rías Baixas nas Neves

A Ruta do Viño Rías Baixas, incluída no Club de Produto das Rutas do Viño de España, completou onte unha xornada de sendeirismo «Camiñando entre Viñedos» nas Neves, cita á que acudiron un total de 50 persoas chegadas de distintos puntos da provincia. O percorrido comezou na adega asociada Señorío de Rubiós, onde os asistentes percorreron as instalacións á vez que se lles explicaba o traballo desenvolvido nesta empresa.

'Arabo' recibe o recoñecemento de 'Compromiso de Calidade Turística'

O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea de Arbo, 'Arabo' vén de obter o diploma de recoñecemento ao Compromiso para a mellora da Continuidade da Calidade, recoñecemento outorgado pola Secretaría de Estado de Turismo no marco do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED).

  • Publicado en Arbo

Aberta a inscrición para a II Andaina da Lamprea de Arbo

A Concellería de Xuventude do Concello de Arbo vén de organizar, para vindeiro día 9 de abril, a II Andaina da Lamprea que nace co obxectivo de promocionar a Vila de Arbo, o seu patrimonio e a súa paisaxe, o río Miño, as pesqueiras e a lamprea, a traves dunha actividade que permite un contacto directo co marabilloso medio natural que posúe o municipio.

  • Publicado en Arbo

Arbo organiza a 'I Andaina da Lamprea', con degustación incluída

O domingo 10 de abril, desenvolverase por terras de Arbo a 'I Andaina da Lamprea', unha iniciativa do Concello que ten como obxetivo poñér en valor o medio natural, o patrimonio etnográfico e cultural e as magníficas paisaxes con que conta o municipio e, ao mesmo tempo, servir de promoción para os dous produtos típicos de Arbo como son a lamprea e o viño.

  • Publicado en Arbo

Hoxe xoves, mercado de queixos e viños no mercado municipal de Tomiño

O Concello de Tomiño desenvolverá, ao longo de todo este mes de agosto, actividades dinamizadoras no mercado de abastos e, máis concretamente, na súa primeira planta que foi concibida como un espazo gastronómico e de encontro. O mercado de abastos de Tomiño é o mellor exemplo de como se pode facer unha obra útil contando coas opinión de usuarios e empresarios, nunha iniciativa que está sendo posta como exemplo noutros concellos da provincia.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS