A Guarda da a coñecer o seu patrimonio urbano con visitas guiadas

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro. As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00 h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende alí, o grupo sae para coñecer o patrimonio guardés en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a visita singular no casco histórico Prazas antigas e novas e os xoves a visita singular da época moderna Castelo de Santa Cruz.

Visitas guiadas ao Monte Santa Trega da Guarda en xullo, agosto e setembro

Ao igual que en anos anteriores coa chegada da tempada de verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do emblemático monte guardés. As visitas guiadas realizaranse os martes, xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de 11:30 h, 12:30 h e 17:00 h.

A Guarda oferta visitas guiadas ao Santa Trega nas fins de semana

Ao igual que en anos anteriores e na tempada previa ao verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega. As visitas guiadas realizaranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño en horario de 11:30 h, 12:30 h e 17:00 h.

«Tralas pegadas do tempo», visitas guiadas para coñecer o patrimonio arqueolóxico tudense

«Tralas pegadas do tempo» é o nome das visitas guiadas que, conducidas por arqueólogos, organiza a Concellería de Cultura e Patrimonio do Concello de Tui de cara a dar a coñecer a súa riqueza arqueolóxica. Trátase de catro rutas nas que dun xeito lúdico, participativo e experimental, os participantes poderán descubrir parte do patrimonio arqueolóxico do municipio e entender ás persoas e sociedades da prehistoria que habitaron o espazo xeográfico que hoxe en día ocupamos nós.

  • Publicado en Tui

Visitas guiadas regulares e gratuítas ao Monte Santa Trega ata finais de agosto

Dende o departamento de Turismo do Concello da Guarda dáse a oportunidade de coñecer o Monte Santa Trega grazas á oferta de visitas guiadas a este espazo. Nesta tempada estival as visitas concentraranse os sábados e domingos cunha oferta de dous diferentes percorridos. Polo tanto, as fins de semana ata finais de agosto, agás o día 12, que pola celebración do Día do Monte das Festas do Monte non se realizará visita, poderase coñecer o Monte Santa Trega acompañado dun guía.

Baiona volve a apostar polos «Xoves no Camiño»

Tras o éxito de participación acadado o pasado ano, a Concellería de Turismo do Concello de Baiona volveu a apostar este ano pola iniciativa denominada “Xoves no Camiño”, un percorrido guiado para dar a coñecer o Camiño Portugués pola Costa ao seu paso polo municipio. A primeira ruta arrancará o xoves 19 de xullo e, a partir desa data, desenvolverase todos os xoves ata o 30 de agosto. O punto de partida desta actividade, totalmente gratuíta, será a Oficina de Turismo ás 10 horas.

  • Publicado en Baiona

A Guarda ofrece visitas guiadas gratuítas ao monte Santa Trega

O Concello da Guarda, como cada ano, vén de organizar unha serie de visitas guiadas, totalmente gratuítas, para coñecer de preto un lugar singular, como é o monte Santa Trega, onde se combinan como en ningún outro lugar, o patrimonio natural, histórico, cultural e paisaxístico. Para estas dúas vindeiras semanas as visitas concentraranse no sábado 14 e domingo 15 e o sábado 21 e domingo 22 de xullo.

Suscribirse a este canal RSS