O Pleno de Salvaterra solicita o Grao en Enoloxía para a Universidade de Vigo

O Pleno do Concello de Salvaterra aprobou, por unanimidade, unha proposta do goberno que dirixe Marta Valcárcel, pola que se solicitará á Xunta de Galicia que realice os trámites precisos ante o Consello Galego de Universidades e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, para a implantación do grado en Enoloxía na Universidade de Vigo, unha iniciativa que está avaliada polo gran peso que ten a DO Rías Baixas e a subzona do Condado do Tea.

Areeiro advirte do "elevado risco" de aparición do mildeu

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, informa no seu aviso fitosanitario semanal que á primeira mancha de mildeu detectada nunha parcela do Rosal o pasado martes, hai que sumarlle xa dúas máis en sendas parcelas do Salnés. Os técnicos da EFA indican que, aínda que no resto de fincas non se detectaron de momento síntomas desta enfermidade, espérase que aparezan nos próximos días.

Areeiro insta a tratar os danos nos gromos das viñas causados polo vento

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de aconsellar tratar canto antes os danos nas viñas causados polos ventos moderados dos últimos días. Así mesmo, unha vez xa detectadas as primeiras manchas de Mildeu e aínda que as condicións climatolóxicas non son propicias á súa expansión, revisar a eficacia dos tratamentos aplicados e a vixiar exhaustivamente as fincas.

Cincuenta persoas participaron na Ruta do Viño Rías Baixas nas Neves

Cincuenta persoas participaron onte na xornada de sendeirismo organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas, incluída dentro do Club de Produto das Rutas do Viño de España, no concello das Neves. A actividade incluíuse dentro do amplo programa de actividades programadas polo Concello dentro da XII Festa do Tinto Rías Baixas celebrada neste municipio.

As baixadas das temperaturas diminúen o risco de mildeu nas viñas, segundo Areeiro

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de indicar no seu último aviso fitopatolóxico que o risco de infección da viña por Mildeu vaise reducir grazas á baixada das temperaturas. Os técnicos subliñan, así mesmo, que é preciso aplicar tratamentos só onde son estritamento necesarios, xa que se corre o risco de eliminar insectos e ácaros moi útiles para o desenvolvemento das vides.

Suscribirse a este canal RSS