AporM acusa ao goberno de Mondariz de "falta de transparencia"

Alternativa por Mondariz, a forza máis votada nas pasadas eleccións municipais e que quedou fóra do Goberno "por unha non explicada aínda manobra política pola que o PP lle deu á alcaldía ao BNG", considera que a cidadanía “ten dereito a coñecer o contido do pacto entre os nacionalistas e o PSOE, a que compromisos chegaron ámbalas dúas forzas política"s e de que xeito, estes compromisos, “van repercutir na xestión do Concello e, polo tanto, na vida dos veciños e veciñas do municipio”.

Mondariz pon en marcha unha enquisa sobre o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable

O Concello de Mondariz está a desenvolver unha enquisa entre a cidadanía de cara a deseñar o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, unha ferramenta que o Concello considera “básica” para a planificación e toma de decisións sobre a mobilidade no municipio. A enquisa cidadá trata, segundo explica o alcalde Xoán Carlos Montes Bugarín, de “atopar entre todas e todos maneiras de mellorar a mobilidade no concello”. En base a esa premisa, veciños e veciñas expresarán a súa opinión sobre o xeito de desprazarse e o modo en que utilizan os espazos públicos.

Carlos López Font visita as obras de mellora do campo da Lagoa en Mondariz

O deputado provincial de Cooperación, Carlos López Font, xunto ao alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, visitaron hoxe as obras para a dotación de novas infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa. É un proxecto incluído no Plan de Reequilibrio da Deputación, cun orzamento de 529.962,41 €, que son financiados integramente pola institución provincial. Un total de 423.969,92 € achégaos a Deputación a través deste plan provincial e os 105.992,49 restantes, con cargo ao municipio, proveñen do Plan Concellos 2018 e 2019.

  • Publicado en Mondariz

O Concello de Mondariz adquire novo material para realizar os traballos de roza

O Concello de Mondariz investirá máis de 27.000 (27.079,80) euros do Plan Concellos 2019 na adquisición de material para realizar as rozas por parte do persoal de Vías e Obras naqueles traballos que sexan de competencia municipal. Tal e como sinala o alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, manter limpos e rozados tanto os terreos municipais como as marxes das estradas competencia do Concello, “contribúen a diminuír o risco de incendio amais de, no caso das vías de comunicación, mellorar a seguridade viaria tanto de vehículos como de peóns”.

  • Publicado en Mondariz

Mondariz segue apostando pola mellora do saneamento ás parroquias no Plan Concellos

O Concello de Mondariz vén de dar conta do investimento de preto de 250.000 euros do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra en tres obras de saneamento que permitirán seguir afondando no obxectivo de dotar ao maior número posible de núcleos urbanos deste servizo básico. Polo miúdo, os traballos a desenvolver nos vindeiros meses centraranse en barrios de Mouriscados e Vilasobroso, o que permitirá que preto de 350 veciños e veciñas poidan dispoñer de rede de saneamento nas súas vivendas.

  • Publicado en Mondariz

A Xunta responde ás xestións do Concello de Mondariz en seguridade viaria

O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, agradeceu hoxe á Xunta de Galicia que dera cumprida resposta ás demandas realizadas polo Concello en materia de seguridade viaria para o municipio. O rexedor local acompañou o xoves ao delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, na visita que este realizou ao municipio para dar a coñecer as actuacións que, en materia de seguridade viaria, desenvolverá a administración autonómica no municipio.

Montes Bugarín, lembrou que en datas pasadas mantivo reunións co xefe territorial de infraestruturas, José Luis Díez, para darlle a coñecer as demandas do Concello de Mondariz en materia de Seguridade Viaria “é e de agradecer que contesten de xeito rápido”, sinalou o alcalde.

As actuacións que se desenvolverán incluirán as estradas que, dende Mondariz, saen cara a Covelo, Vilasobroso e Mondariz Balneario. Xoán Carlos Montes Bugarín amosou a súa satisfacción polo anuncio realizado por Cores Tourís de que “neste mesmo mes redactarase o proxecto de mellora da estrada que vai cara a Moscoso” que, subliñou, “permitirá dar solución a un punto complicado en materia de seguridade viaria, como é o acceso a praia fluvial do Val” unha obra que o Concello de Mondariz viña demandando dende comezo de lexislatura e que contaba co apoio plenario de todos os grupos da Corporación.

Xoán Carlos Montes Bugarín aproveitou a visita de José Manuel Cores Tourís a Mondariz, para facerlle chegar á Xunta a necesidade “urxente” de acometer obras de mellora de seguridade viaria na estrada de Mondariz-Lougares, no barrio do Ceo, unha zona “que ten un grande tránsito tanto de vehículos como de peóns coa perigosidade que iso supón”.

En todo caso, remataba o alcalde de Mondariz, “agradecemos á Xunta de Galicia a rapidez en atender as lexítimas demandas dos veciños e veciñas de Mondariz.

  • Publicado en Mondariz

O reinvestimento do superhábit permitirá realizar tres proxectos en Mondariz

O Concello de Mondariz vén de dar conta do reinvestimento dunha gran parte do remanente de tesourería —122.000 € dun total de 152.000 €— na execución de tres obras que redundarán en beneficio de toda a veciñanza. O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, sinalaba a importancia de realizar “unha boa xestión dos fondos públicos, de tal xeito que o diñeiro de todos os veciños e veciñas poida empregarse en obras beneficiosas para o conxunto da sociedade”.

  • Publicado en Mondariz

Mondariz instala unha estufa de pellets na escola de Lougares

A escola de Lougares conta, desde este mesmo mes, cunha estufa de pellets reforzando así, tal e como sinala o Concello de Mondariz, "a aposta que o Goberno local fai a prol das enerxías renovables á hora de dotar de calefacción aos locais de titularidade pública". A instalación desta estufa fíxose con cargo ao sobrante das baixas xeradas nos investimentos do Plan Concellos 2016 e supuxo un investimento de 1.400 euros.

  • Publicado en Mondariz
Suscribirse a este canal RSS