Satisfacción do Goberno ponteareán ao recoñecer o PP os baixos salarios dos concelleiros

O Pleno do Concello de Ponteareas debateu onte unha iniciativa do Partido Popular na que se solicitaba rebaixar os salarios da Corporación Municipal. O goberno de Xosé Represas amosou a súa satisfacción tralo debate despois de que a portavoz popular, Belén Villar, afirmase que “os salarios dos cargos públicos de Ponteareas son baixos” Sen embargo a voceira do PP insistíu en criticar o que considera un aumento excesivo do gasto en remuneracións ao goberno local.

O mercado de abastos de Ponteareas da os primeiros pasos para a súa reconversión

O Concello de Ponteareas a través da concellería de Promoción Económican vén de dar conta do comezo dos traballos de redacción do estudo e diagnose da praza de abastos. Esta información lle foi trasladada aos praceiros e praceiras nun encontro mantido na propia praza no día no que estiveron presentes, o alcalde Xosé Represas, a concelleira desta área Eva Gil e as responsables da empresa seleccionada para a realización destes traballos, Rural Consulting.

Entrega de diplomas do curso de Monitor de Fútbol Base en Ponteareas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entregou os diplomas do curso federativo de monitor de fútbol base. Acompañado do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, e de membros da Federación Galega de Fútbol, o rexedor local fixo entrega dos diplomas deste curso avaliado pola Escuela Nacional de Entrenadores da RFEF, que a súa vez permite a convalidación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o curso federativo adestrador básico de fútbol.

BNG e PSdG-PSOE acadan un pacto de goberno en Ponteareas

Xosé Represas e Chus Garrote asinaron hoxe o pacto de goberno acordado entre BNG e PSdG-PSOE para gobernar en coalición en Ponteareas durante o vindeiro mandato. BNG e PSdG-PSOE suman doce concelleiros e concelleiras nunha corporación onde a maioría absoluta se sitúa nos once edís.

Máis de dous mil persoas benefícianse das melloras da piscina municipal de Ponteareas

Máis de dous mil usuarios/as da piscina municipal benefícianse dende esta semana dos resultados da posta en funcionamento da nova instalación climatizadora. Nas últimas semanas, o goberno de Ponteareas actualizou os equipamentos da piscina municipal e instalou unha nova climatizadora que reduce a condensación e mantén a temperatura axeitada tanto dentro como fóra da auga.

Suscribirse a este canal RSS