O 1 de agosto reactívase a Zona Azul de Tui

A partir de mañá, 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. O estacionamento gratuíto limitado no tempo a hora e media aplícase nestes viarios de 10 h a 14 h e de 16 h a 21 h agás domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

  • Publicado en Tui

Baiona amplía a zona azul gratuíta ás rúas recentemente humanizadas

Baiona amplía a súa zona azul gratuíta outras tres zonas. Trátase das recentemente humanizadas rúas Marqués de Quintanar, Laureano Salgado, e Ciudad de Vigo. En canto á rúa Marques de Quintanar o uso do novo dispositivo será obrigatorio desde a Glorieta de Colón ata a confluencia coa PO-552, concretamente os números 1 e 2 ao 10 e 25. En Laureano Salgado os números 1 e 2 ao 9 e 14, mentres que en Coidade de Vigo será en toda a rúa.

  • Publicado en Baiona

O 1 de setembro comeza a funcionar de novo a Zona Azul de Ponteareas

A Concellería de Tráfico, que xestiona a concelleira Vanesa Fernández, vén de lembrar a toda a cidadanía de Ponteareas e aos visitantes que se acheguen á vila, que dende o 1 de setembro, será obrigatorio o cumprimento da Ordenanza reguladora de estacionamento de Zona Azul, polo que a Policía Local poderá denunciar a todos os vehículos que cometan infraccións á mesma, sendo obrigatorio a colocación do ticket nun lugar visible do vehículo.

Ponteareas ampliará a zona azul que inclue un tramo horario pola tarde

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas, que dirixe a socialista Vanesa Fernández, procederá nestes vindeiros días á adxudicación servizo de zona azul que, amais de ampliar as zonas de estacionamento por tempo limitado, incluirá un horario de tarde ata o de agora inexistente. A nova empresa concesionaria colocará un parquímetro máis na confluencia das rúas Vidales Tomé e Ciclista Emilio Rodríguez ampliando o número de aparcamentos en zona azul en canto se modifique a ordenanza.

Nova sinalización informativa da zona azul no casco urbano de Tui

A Zona Azul de Tui, que abrangue un centenar de prazas de aparcamento nas rúas céntricas, conta cunha nova sinalización acorde coa ordenanza reguladora deste espazo, aprobada en 2008, e recollendo os días e horario no que o aparcamento está limitado no tempo. En concreto nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotelo foron colocados os novos sinais en aluminio no que figura o horario no que o estacionamento é gratuíto e limitado no tempo.

  • Publicado en Tui

O 1 de novembro reactívase a zona azul no casco urbano de Tui

O Concello de Tui informa que o próximo 1 de novembro porase de novo en servizo a zona azul co que no centro urbano haberá un centenar de prazas con estacionamento gratuíto limitado durante hora e media coma máximo. Será nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotelo.

  • Publicado en Tui

Esta semana entrou en funcionamento a Zona Azul de Sanguiñeda, Mos

A Avenida de Sanguiñeda conta, dende o pasado luns 1 de agosto, con estacionamento gratuíto con horario limitado, o coñecido popularmente como Zona Azul, para un total de 32 prazas de aparcadoiro. A medida ten como obxectivo a rotación e reparto igualitario das prazas de estacionamento de vehículos do termo municipal de Mos. É por tanto necesario colocar nun lugar visible un disco horario no que figure a hora de chegada ao estacionamento.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS