Mos implantará o 'disco vermello' para estacionamento de persoas con mobilidade reducida

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, deu conta do éxito de implantación do sistema da Zona Azul en Puxeiros, que permitiu ordear o estacionamento na zona, permitindo que agora sempre queden lugares libres para aparcar, dándolle moitas facilidades ós condutores. Ademais a rexedora local e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, anunciaron tamén que xa é efectiva a implantación do 'disco vermello' para o estacionamento de persoas con mobilidade reducida na Zona Azul de Puxeiros.

  • Publicado en Mos

Dende o mércores 3 de febreiro, Puxeiros con Zona Azul

O vindeiro mércores 3 de febreiro dará comezo, no alto de Puxeiros, o estacionamento gratuíto con horario limitado, a popularmente coñecida como Zona Azul. Esta medida ten como obxectivo a rotación e reparto igualitario das prazas de estacionamento de vehículos do termo municipal de Mos e será por tanto necesario, xa dende o propio mércores, colocar nun lugar visible un disco horario no que figure a hora de chegada ao estacionamento.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS