Alfredo Estévez

Alfredo Estévez

URL del sitio web:

Chapela énchese de boa música este sábado co «Berete Rock»

Comezou sendo a xuntanza dun grupo de amigos para poder gozar, en directo, da música que facía un membro da asociación. Debido ao éxito acadado, pasou a ser un escaparate para a promoción dos grupos locais. Hoxe, tan só oito anos despois, o Berete Rock é todo un referente na música e unha cita obrigada para os amantes do rock. Esa "xuntanza de amigos" converteuse nun Festival –en maiúsculas– polo que pasaron grupos da talla de Stoned at Pompeii, The Killer Barbies ou Aphonic.

Éxito do Torneo de Voley Praia 3x3 de Baiona

A pasada fin de semana a praia da Ladeira, en Baiona, acollía o tradicional Torneo de Voley 3x3 organizado, de xeito conxunto, pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona, que dirixe Miriam Costas Iriarte e o Club Vigo Voley. Pese ás condicións meteorolóxicas irregulares, o torneo foi todo un éxito do que falan os 41 equipos participantes que estiveron distribuídos entre as categorías de adultos (32 equipos) e sub 14 (9 equipos) o que fixo que foran máis de 200 participantes e batindo o récord de participación respecto aos anteriores torneos.

  • Publicado en Baiona

'Algazara danzando entre Culturas' o domingo no Parque da Feira Vella de Ponteareas

O vindeiro domingo, 21 de xullo ás 22 horas, o Parque da Feira Vella –con entrada totalmente de balde– encherase de sons, inusuarias por estas terras, dos grupos que participarán nunha nova edición do Festival Internacional 'Algazara, danzando entre Culturas' e no que participarán, amais da anfitriona Agrupación Folklórica Algazara de Celeiros , o Trinity Irish Dance Ensemble dos EEUU; Netos de Bandim de Guinea Bissau e Folklorique Group Les Balisiers de la Martinique da Martinica. 

Ponteareas, fin de ciclo

Dicíame a min un concelleiro da oposición de Ponteareas, "xa veremos cando cheguen as eleccións, as municipais poñerán a cada quen no seu lugar". Tal cual! Evidentemente, supoño que non se referiría aos resultados do PP que só se poden cualificar de descalabro e que dende as eleccións do 2011, deixouse catro concelleiros/as polo camiño quedándose, desta volta, con cinco representantes. Mentres, o BNG, cunha lista máis que estudada e 'potente', subía de 5 concelleiros/as a 9 o que lle permitirá gobernar con comodidade contando cos tres representantes socialistas.

Suscribirse a este canal RSS