Alfredo Estevez / Redacción

Alfredo Estevez / Redacción

Nigrán bonifica o imposto de rodaxe aos vehículos eléctricos, híbridos e a gas

A aposta do Concello de Nigrán polo medioambiente, dista moito de ser unha mera declaración de boas intencións –como por desgraza acontece noutros concellos– senón que é unha filosofía de traballo que dende o pasado mandato desenvolve o executivo de Juan González coa aplicación de medidas concretas, ben estudadas e planificadas. A maiores, e dende o convencemento de que a loita pola conservación medioambiental é de todos e todas, o Concello de Nigrán traballa na concienciación da veciñanza incentivando, como é neste caso concreto, o uso de vehículos híbridos ou eléctricos.

  • Publicado en Nigrán

Salceda convértese, esta fin de semana, na induscutible capital galega da camelia

Salceda de Caselas será esta fin de semana, un ano máis, a capital induscutible da camelia de Galicia coa celebración, os días 23 e 24 de marzo, da XI Xornada da Camelia que foi presentada, na mañá de hoxe, na Casa da Cultura Castelao. 75 expositores e expositoras chegados de todos os puntos de Galicia, Portugal e Asturias, amosarán para goce dos visitantes máis de 500 variedades desta flor nunha exposición que se estenderá ao longo de máis de 160 metros cadrados.

'Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de Marzo' enche Vilavella

O Pazo de Vilavella encheuse, no serán de hoxe, no acto de presentación do libro 'Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de Marzo', unha asistencia masiva que era, ao mesmo tempo, unha clara resposta ao que se cualificou como "veto do alcalde Javier Bas" á que a Deputación puidera presentar este traballo literario nunha das salas baleiras do Multiúsos da Xunqueira. "Non hai posibilidade de poñer portas aos dereitos das persoas a ocupar o espazo público que non é patrimonio de ninguén. Iso fronte a quen cree cando goberna que é seu", aseguou a presidenta Carmela Silva.

Carmela Silva: “Ningunha outra administración investiu tanto no Val Miñor como a Deputación”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer hoxe, nunha rolda de prensa celebrada no hotel Bahía de Baiona, os investimentos realizados pola administración provincial durante estes tres anos nos tres concellos que conforman o Val Miñor —Baiona, Gondomar e Nigrán—. Non dubidou a presidenta provincial en asegurar que se trataba “do maior investimento da historia da Deputación” e, para os escépticos, engadía que non era unha afirmación gratuíta senón de datos "facilmente comprobables nos orzamentos dos anos 2016, 2017 e 2018”.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS