Baiona ultima os preparativos para as Festas da Virxe da Anunciada

Baiona está inmarsa nos preparativos dunhas das súas citas grandes do verán, as festa na honra da Virxe da Anunciada que comezarán o día 3 de agosto e alongaránse ata o día 6 dese mes, veraniego por excelencia. Por este motivo a Concellería de Cultura, que xestiona María Iglesias, vén de dar conta que entre o luns 23 de xullo e ata o 2 de agosto, estará aberto o prazo de inscrición para poder participar nos tradicionais xogos de cucañas marítimas e na comparsa de Xigantes e Cabezudos, enmarcados dentro do programa Baiverán 2018.

As cucañas marítimas de Baiona, son toda unha tradición que se organiza, anualmente, o primeiro domingo do mes de agosto, dentro da programación da Festa da Anunciada, que este ano coincide o día 5 de agosto, ás 17:00 horas, no porto pesqueiro. Poderá participar calquera persoa maior de idade e os maiores de 12 anos con autorización. Establécense dous premios: Bandeira normal (10 euros) e Bandeira especial (20 euros).

anunciada cucanha02

Por outra banda, tamén se abriu o prazo para inscribirse na comparsa de Xigantes e Cabezudos que desfilará polas rúas do Centro histórico o sábado 4 e domingo 5 de agosto. Neste caso tamén poderán participar os maiores de 12 anos.

A comparsa de Xigantes e Cabezudos estará composta por dez cabezudos (A Ratiña, Popeye, Diaño, Napoleón, Negro, Negra, Pallaso cabeza grande e o Pallaso de cabeza pequena, o Gato cabeza pequena e a Bruxa cabeza pequena) e dous xigantes (Rei e Raíña), que bailarán ao son da música durante o percorrido polo casco antigo de Baiona. Establécese dous premios, Cabezudo (30 euros) e Xigante (150 euros).

As inscricións formalizaranse por rexistro de entrada no Concello, para calquera dubida ou consulta interesados e interesadas poden dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Baiona, situado na segunda planta da Casa do Concello ou chamar ao 986 355 921.