A nova Biblioteca Municipal de Baiona opta aos «Premios Lledó Arquitectura Ibérica 2018»

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, coa directora da Biblioteca Municipal e Arquivo Histórico nunha das dependencias da nova biblioteca O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, coa directora da Biblioteca Municipal e Arquivo Histórico nunha das dependencias da nova biblioteca

O Proxecto de rehabilitación do edificio Sancti Spiritus, que acolle a Biblioteca Municipal e o Arquivo Histórico de Baiona ha Baiona, é un dos finalistas dos «Premios Lledó de Arquitectura Ibérica» na categoría rehabilitación. O proxecto foi deseñado polo estudo de arquitectura Murado e Elvira, gañador do concurso de ideas convocado polo goberno local para a reforma e combina que combina vanguardismo e funcionalidade. O Sancti Spiritus foi totalmente rehabilitado cun deseño innovador.

O proxecto, denominado «Concéntrico» e o resultado do mesmo para o edificio é unha harmonización de elementos e materiais. A unión dos distintos espazos e engadidos construídos ao longo de séculos, así como dotar ao edificio da máxima funcionalidade, eliminando barreiras arquitectónicas e dando protagonismo tanto ás escaleiras como ao patio interior do edificio. Un dos principais obxectivos foi recuperar as relacións entre os distintos volumes que compoñen actualmente este conxunto arquitectónico, froito de ir agregando estruturas ao longo da historia.

Para restablecer a harmonía liberáronse os interiores reorganizándoos de maneira que non se perda espazo. Tamén foi necesaria a renovación da estrutura arquitectónica existente co fin de recuperar novos espazos adaptados ás necesidades dunha biblioteca dos nosos días”; este é un dos motivos que levou a que o proxecto resulte finalista no concurso.

O alcalde de Baiona, sinalaba, apuntando outro dos motivos, que "dado o valor histórico do edificio perseguiuse durante a rehabilitación, manter un espírito de continuidade co pasado, no que conviven con naturalidade arquitectura tradicional e contemporánea". Para iso ─explica Ángel Rodal─ "leváronse a cabo obras de conservación e restauración sobre as que se melloran as estruturas con mobiliario moi sinxelo e lixeiro que contrasten coa estrutura pétrea e solemne do edificio”.

A Biblioteca dispón de diferentes espazos ou salas destinadas a usos e servizos específicos. O propósito é proporcionar lugares idóneos para as diferentes necesidades dos usuarios da BCC, baixo as condicións e normas establecidas para cada un deles. Mostrador de Información e préstamo, Sala Infantil, e dúas salas polivalentes sitúanse na planta baixa do edificio. Nesta zona tamén se atopa o arquivo municipal, o lugar onde se sitúa a gran colección histórica que posúe o Concello. Na sala de consultores será onde terán ademais acceso á consulta da colección do Fondo Local da Biblioteca que conta cun fondo total de 32.500 rexistros bibliográficos. Na planta alta, atopamos unha sala xeral, na que converxen diversos espazos, como a sala de estudo, a sala de computadores, unha zona destinado ao estudo individual con varios cubos independentes, a colección xeral e outras seccións como xuvenil, comiteca, audiovisuais e os bancos de lectura...

Desde un principio, no proxecto apostou por materiais reciclables e de escaso impacto para o medio ambiente e para a estética de edificio en xeral. Tamén se buscou unha distinción, sen causar impacto visual entre as novas actuacións e as anteriores.

Rodal conclúe que “é un orgullo que o noso proxecto opte a un premio deste tipo polo seu respecto aos valores históricos, arquitectónicos e culturais, cunha intervención totalmente respectuosa coa estrutura, os materiais e elementos decorativos existentes, coa adecuación á normativa actual e a incorporación das novas instalacións de forma integrada e eficiente”.

Para o Alcalde o proxecto de rehabilitación é “un bo exemplo de recuperación e posta en valor do patrimonio de Baiona, así como do seu uso, ao albergar a Biblioteca Municipal e o arquivo histórico, que coa candidatura a este premio vén revalidar a gran actuación que se levou a cabo”.

O gañador do distintivo darase a coñecer o próximo o 23 de setembro de 2018 Cerimonia de entrega de premios en Fisterra, unha vez publicadas as candidaturas finalistas agora o concurso atópase en fase de votar polo premio do público.