Baiona pon en marcha as visitas guiadas gratuítas

O monumento Encontro entre dous Mundos será explicado polo miúdo ao longo das visitas guiadas O monumento Encontro entre dous Mundos será explicado polo miúdo ao longo das visitas guiadas

Un ano máis, o Concello de Baiona a través da Concellaría de Turismo, apostar polas visitas guiadas gratuítas como medio para que, os visitantes e tamén os propios veciños e veciñas, poidan gozar do amplo patrimonio cultural da Vila acompañados por un guía oficial.

As visitas guiadas, que deron un magnífico resultado en pasadas edicións, desenvolveranse todos os mércores e sábados ás 11 horas, no período comprendido entre o 15 de xullo e o 29 de agosto.

As visitas son gratuítas e non é necesaria a inscrición previa polo que aqueles interesados en percorrer os monumentos de Baiona tan só teñen que presentarse á hora indicada na oficina de turismo situada no Paseo Ribeira.

Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia, acompañará os participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se encontran o monumento Encontro Entre Dos Mundos, o Paseo Ribeira e o Casco Histórico, para rematar, como broche final da visita, cun percorrido pola Casa da Navegación de Baiona

Co obxectivo de poder satisfacer a demanda de información e ofrecer un mellor servizo durante os meses de verán, a oficina municipal de turismo, que permanece aberta todo o ano, ampliou o seu horario de atención ao público, a partir do pasado 1 de xullo. O horario será de luns a domingo, de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.