Novos equipamentos para o ximnasio do Pavillón Municipal de Baiona

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal e a concelleira de Deportes, María Jesús Martíns Passos, no ximnasio do pavillón municipal de deportes que contará con novos equipamentos O alcalde de Baiona, Ángel Rodal e a concelleira de Deportes, María Jesús Martíns Passos, no ximnasio do pavillón municipal de deportes que contará con novos equipamentos

O concello de Baiona vén de conseguir unha subvención da Xunta de Galicia para o proxecto denominado «FIT BAIONA 2018», no cal solicitábase unha axuda a esta administración para a instalación de novos equipos de ximnasia, dos que máis dos 940 socios cos que contan poderán gozar en breve.

Estes equipos servirán para renovar e ampliar a oferta deportiva das nosas instalacións coa instalación dunha máquina de cruzamento de poleas e dominadas, unha máquina de dominadas asistida, dúas máquinas de press de banca, dúas cintas andadoras e dúas elípticas, mellorando así o que é o adestramento persoal, por un valor que rolda os 40.000 euros, dos cales a achega da subvención alcanza o 60% que achega a Xunta de Galicia e o 40% achégao o concello.

O alcalde Ángel Rodal cre que nos tempos que vivimos denominados «era dixital» é fundamental "fomentar o deporte e as actividades que eviten o sedentarismo e conseguir así unha mellor cohesión social e unha mellor saúde tanto física como mental". O rexedor municipal quixo agradecer á Xunta de Galicia "que continúe apostando por Baiona e siga axudándonos con estas iniciativas, que sen. estas aportacións seria moi complicado levalas a cabo".