Reanúdanse as obras do Peri-4 de Sabarís, Baiona

Logo de dous anos de paralización, reanudáronse xa as obras nos dous bloques do Peri-4 de Sabarís. A concellería de urbanismo do Concello de Baiona contribuíu de xeito activo para que estes dous bloques, que albergan 73 vivendas, locais comerciais, garaxes e rochos, ademais de parcelas axardinadas privadas e piscina comunitaria, sexan finalizados tras un longo tempo sen actividade.

As vivendas que se atopan a escasos metros da praia Ladeira e que foran adquiridas polo Sareb ao entrar a súa construtora en concurso de acredores, daban unha mala imaxe á entrada da vila, polo seu aspecto de abandono total, polo que o Concello amosou a súa satisfacción polo feit de que se reanuden dita obras que, xunto co asfaltado da Avenida Urbana de Sabarís supoñerán unha gran mellora visual da zona.

Os traballos, adxudicados á empresa Oreco, estarán concluídos a finais deste ano. Para o Concello, a reanudación destas obras é "un dos tantos indicios da reactivación do sector da construción no municipio".