Curso e Concurso de Pesca Infantil en Baiona

A Concellaría de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona organiza, dentro da programación deportiva das Escolas Deportivas de Verán 2015, un novo curso e concurso de iniciación á pesca deportiva infantil, aberto á participación de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 16 anos.

Curso de pesca infantil
O curso desenvólvese coa intención de fomentar e ensinar aos nenos e nenas de entre 5 e 16 anos as diferentes técnicas e coñecementos máis básicos na arte da pesca de cara a lograr que a pesca sexa máis produtiva.

O curso desenvolverase os días 14, 21 e 28 de xullo e o 4 e 6 de agosto, tendo como días lectivos, polo tanto, os martes dende as 10.00 horas ata as 13.00 horas. A actividade está dirixida por un monitor de amplo e interesante curriculum como é José Castro que desenvolverá ao longo do curso varias horas prácticas e teóricas. O único requisito para a participación é posuír cana de pescar.

XIII Concurso de Pesca Infantil - Concello de Baiona 2015
O concurso de pesca infantil nace como consecuencia do curso de iniciación á pesca deportiva que se organiza. Debido ao éxito e acollida tanto nos participantes coma nos seus pais o Concello de Baiona considerou interesante ofrecer continuidade a este a través dun concurso no que puideran demostrar as habilidades adquiridas.

O XIII Torneo de Pesca Deportiva Infantil desenvolverase o día 21 de Agosto a partir das 17.30. horas ata as 19.30 horas nas instalacións do porto pesqueiro de Baiona. O torneo distribúese por categorías sendo as mesmas as seguintes: Sub 8, Sub 12 e Sub 16, todas elas categorías mixtas o que permite a participación de todos os nenos e nenas, entregando ademais un regalo conmemorativo pola súa participación a todos os asistentes.

O Torneo está totalmente subvencionado a través da concellaría de deportes e sendo o número de prazas limitado polo que se anima os interesados formular as inscricións canto antes. Para inscribirse dirixirse á Oficina de Turismo ou chamando aos teléfonos 986 687 067 -986 356 558.

Os requisitos para a participación así como o regulamento do presente Torneo están a Oficina de Turismo ou no Pavillón Municipal dos deportes de Baiona. Tamén se poden consultar premendo este enlace.