Éxito do Torneo de Voley Praia 3x3 de Baiona

A pasada fin de semana a praia da Ladeira, en Baiona, acollía o tradicional Torneo de Voley 3x3 organizado, de xeito conxunto, pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona, que dirixe Miriam Costas Iriarte e o Club Vigo Voley. Pese ás condicións meteorolóxicas irregulares, o torneo foi todo un éxito do que falan os 41 equipos participantes que estiveron distribuídos entre as categorías de adultos (32 equipos) e sub 14 (9 equipos) o que fixo que foran máis de 200 participantes e batindo o récord de participación respecto aos anteriores torneos.

voley praia baiona 01

A competición desenvolveuse dende as 9:30 horas do sábado en tres pistas de xogo utilizando o sistema de enfrontamento de todos contra todos e clasificándose os tres primeiros de cada grupo. A organización fixo entrega a todos os equipos de comida e bebida para pasar unha xornada de deporte na praia e, asi mesmo, entregou trofeos aos tres primeiros clasificados de cada grupo e unha camiseta conmemorativa a todos os participantes neste Torneo de Voley 3x3 «Gran Premios La Caixa».

Clasificación final categoría Sub 14

Campeones
Los Angeles De Manu

Subcampeones
Xuven

Terceros Clasificados
Vengadores

Cuartos Clasificados
Los Mateos

Clasificación final categoría Adultos

Campeón
Roberto Sendiho (Boiro).

Subcampeón
Basketeros (O Porriño).

Semifinalistas
Los Xavales e Garrapata Man.

Cuadro Consolacion 1*
Campeón
Ruizmas

Subcampeones
Choquiños

Semifinalistas
Two Pitos e Veteranos Del Bao

voley praia baiona 02

Cuadro Consolacion 2
Campeón
Ameixida

Subcampeones
Macabi de Levantar

Semifinalistas
Etiopia e Doble Positivo