O Torneo de Pesca infantil de Baiona, bate récord de participación

153 nenos e nenas ata os 16 anos de idade participaron na décimoterceira edición do Torneo de Pesca Infantil “Vila de Baiona”, que se disputou o pasado venres no peirao baionés coa presenza de gran cantidade de espectadores que, aproveitando unha tarde soleada, quixeron estar presentes nesta cometición.

A proba estaba organizada pola concellería de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona e dividida en tres categorías: sub 8, sub 12 e sub 16. Ao remate da proba, o cadro de vencedores quedou do seguinte xeito:
Na categoría sub 8, o vencedor foi Iago Lemos Pereira, con 920 puntos, seguido de Gloria Cabaleiro Iglesias, con 643 puntos e Antón Freiría Martínez, con 505 puntos.

No que a categoría sub 12 atinxe, o gañador foi Joel Mendez Iglesias con 11.800 puntos seguido de Pablo Garrido Rosas con 2.900 puntos, sendo o terceiro posto para Cesar Alonso Albores con 2.260 puntos.

Por último, na categoría sub 16, o primeiro posto foi para Ángel González Álvarez con 2.580 puntos. A segunda posición sería para Miguel Corcobado, con 2.420 puntos e o terceiro posto o ocuparía Tomas Pazo con 2.340 puntos.

No que fai referencia a outros premios, salientar que o da Peza Maior do Torneo foi par Joel Méndez Iglesias; o trofeo ao Maior Número de Pezas o levou Iago Lemos Pereira, cun total de 201 pezas e, por último Joel Méndez Iglesias proclamábase Campión Absoluto deste torneo.

No concurso estiveron presentes José Castro, monitor da Escola Municipal de Pesca e os concelleiros de Deportes e Pesca e Marisqueo do Concello de Baiona, Ángel Rodal e Raúl Costas, respectivamente, que foron os encargados de entregar os premios aos gañadores deste Torneo de Pesca Infantil “Vila de Baiona 2015”