Juan Luis López Guereñu e Silvia Deira, campións absolutos da VII Subida á Groba

Juan Luis López Guereñu e Silvia Deira Barcala,proclamáronse onte campións absolutosda sétima edición da Subida á Groba organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona, recuperando esta proba dentro da súa programación deportiva e coa clara intención de consolidala entre o calendario ciclista galego.

Un total de 175 participantes, 40 máis que na pasada edición, tomaron a saída para afrontar unha ascensión de 11 quilómetros e cunha pendente media dun 5,8%. Os corredores competían en tres categorías, todas elas mixtas, de júnior, sénior e veteranos.

Ao remate da proba, os vencedores absolutos nas categorías masculinas e femininas foron Juan Luis López Guereñu e Silvia Deira Barcala, respectivamente, mentres que os campións absolutos locais masculinos e femininos eran José Antonio Abollado Amo e Sandra Santodomingo Fabián, respectivamente.

subida groba 02

O cadro de gañadores completábase con Ana Domínguez Cedeira na categoría de júnior feminino; José Trillo Martínez, en júnior masculino; Lucía Rodríguez Abril, sénior feminino; Brais Misa García, sénior masculino; Santiago García Vilas, veteranos masculino; Silvia Deira Barcala, veteranos feminino e no referente á clasificación por equipos, o premio era para o equipo BTT Team, con 418 puntos, seguido do Marea Pinarium con 408 puntos e Boroudeur Team con 270 puntos. Finalmente, o premio para o participante de máis idade foi para Sergio Rodríguez.

As clasificacións ao completo pódense descargar neste enlace