“Bai de Tapas”, o sabor de Baiona

A IV edición do concurso gastronómico "Bai de Tapas", que terá lugar do 7 ao 31 de maio, abre o prazo de inscrición para todos aqueles establecementos de hostalaría e restauración, establecidos no termo municipal de Baiona, que dispoñan de medios para a realización das tapas e estean interesados en participar.

O prazo para a formalización da inscrición concluirá o xoves, 16 de abril. Os interesados que non dispoñan das bases de participación e ficha de inscrición poden solicitalas na Concellaría de Turismo do Concello de Baiona, na Oficina de Turismo ou nas oficinas da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba), ou por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Teléfonos de información: 986 38 59 24 / 986 68 70 67.