Aviso
  • JFolder: :files: a ruta non é un cartafol. Ruta: /home/C000081/web/comarcasnarede.com/public_html/hemeroteca/images/terras_gaudas_2016
Noticia
  • There was a problem rendering your image gallery. Please make sure that the folder you are using in the Simple Image Gallery Pro plugin tags exists and contains valid image files. The plugin could not locate the folder: images/terras_gaudas_2016

Rats on Fire e Rayco Tabares, Premios Nacionais de Vela Terras Gauda

'Rats on Fire', Premio Nacional de Vela Terras Gaudas ao mellor barco / Foto: ©Nico Martínez 'Rats on Fire', Premio Nacional de Vela Terras Gaudas ao mellor barco / Foto: ©Nico Martínez

O Rats on Fire do armador catalán Rafael Carbonell e o regatista canario Rayco Tabares serán recoñecidos o próximo mes de setembro en Baiona cos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda ao mellor barco e patrón do ano. Os prestixiosos galardóns, que o Monte Real Club de Iates entrega desde hai 24 anos coincidindo coa celebración do seu histórico Trofeo Príncipe de Asturias, distinguen a aquelas persoas e institucións que ao longo do ano destacaron polos seus valores humanos e deportivos, así como polo seu traballo a favor do mundo da vela.

No caso do Rats on Fire, o barco é, desde hai anos, un dos referentes máis destacados da ver cruceiro, tras gañar sete Trofeos Conde de Godó e catro Copas do Rey, ademais de varios campionatos de España e do mundo.
Á cabeza deste Swan 45 do Club Náutico de Arenys de Mar está Rafael Carbonell, un armador catalán que leva máis da metade da súa vida ligado ao mar, do que recoñece estar namorado. Di que empezou tarde a navegar, pero que soubo rodearse dos mellores e ser capaz de aprender todo o que lle ían ensinando.

No 2007 decidiu facerse co Rats on Fire e desde entón non fixo máis que cultivar éxitos. "Cando gañamos a primeira Copa do Rey case nin nolo criamos ─di─ e a partir de aí fóronse sucedendo outras regatas e outras vitorias. Sempre poñemos o máximo na preparación do barco e de cada proba, e parece que non o facemos mal do todo".

Carbonell móstrase, sempre con modestia, orgulloso dos seus triunfos pero, sobre todo, da súa tripulación, da que fala marabillas. Di que máis que un equipo son xa unha familia, "a familia Rats", e que parte dos éxitos que lograron ata o momento débense á boa relación que existe entre todos, e a que gozan enormemente co que fan.

{gallery}terras_gaudas_2016{/gallery}

Membro destacado desa tripulación é o canario Rayco Tabares, que recibirá o Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao mellor patrón. O lanzaroteño escribiu neste 2016 o seu nome na historia da vela en España ao conseguir, con apenas 32 anos, o seu terceiro campionato do mundo da clase J80, un fito que ninguén lograra ata o momento.

Desde que con 6 anos empezou a navegar en Optimist, Tabares tocou practicamente todos os paus. Navegou en Cadete, en Snipe, dirixiu un proxecto olímpico de 470, alcanzou a cima en J80 e, mentres pensa xa en navegar en novas clases, segue anotándose vitorias con grandes barcos como o Rats on Fire, co que gañou varios Conde de Godó e Copas do Rey.

Este regatista, patrón, táctico e adestrador suma agora, ademais, unha nova distinción ao seu currículo como deportista, o Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao mellor patrón do ano, que recollerá o próximo 3 de setembro en Baiona no marco da celebración do Trofeo Príncipe de Asturias, no que ten previsto navegar.

24 anos premiando aos mellores do mundo da vela
Os Premios Nacionais de Vela Terras Gauda son un dos galardóns máis prestixiosos do panorama náutico español. O Monte Real Club de Iates de Bayona os entrega, desde hai 24 anos, a aquelas persoas e institucións que destacan polos seus valores humanos e deportivos, así como polo seu traballo a favor do mundo da vela.

Na última edición resultaron premiados Chuny Bermúdez como mellor navegante oceánico e Álex Pella como mellor navegante oceánico en solitario. Estaleiros Lago recibiu un premio honorífico como precursor da industria náutica española e a Fundación Repsol foi distinguida como mellor patrocinador do ano.

O premio Mariano Augado de comunicación foi a parar a Juan Pablo Cadario, polo seu blogue JuanpaNews; e o Fifty, o Movistar e o Solventis fixéronse cos premios aos mellores barcos nas categorías de ORC 0-1, ORC 2-3 e equipo amateur respectivamente.