Aviso
  • JFolder: :files: a ruta non é un cartafol. Ruta: /home/C000081/web/comarcasnarede.com/public_html/hemeroteca/images/premios_nacionais_vela
Noticia
  • There was a problem rendering your image gallery. Please make sure that the folder you are using in the Simple Image Gallery Pro plugin tags exists and contains valid image files. The plugin could not locate the folder: images/premios_nacionais_vela

Premios Nacionais de Vela 'Terras Gauda' 2015-2016

Foto de familia dos premiados e as autoridades / Foto: ©Miguel Riopa Foto de familia dos premiados e as autoridades / Foto: ©Miguel Riopa

O Monte Real Club de Iates de baiona acolleu un ano máis a cerimonia de entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, uns galardóns que recoñecen o traballo realizado por distintas persoas, empresas e institucións a favor do mundo da vela. As olímpicas Támara Echegoyen e Berta Betanzos, campioas do mundo na clase 49erFX e diploma olímpico nos Xogos de Río 2016, levaron, sen dúbida, a gran ovación da noite.

A ourensá e a cántabra recolleron o premio ao mellor equipo de regatas feminino da man do presidente de Adegas Terras Gauda, José María Fonseca Moretón, e do presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, e levaron o aplauso do máis de medio milleiro de asistentes á gala. Fixeron subir tamén ao escenario ao seu adestrador, o budetense Pepe Lis, ao que dedicaron o seu premio por ser ?dixeron- peza fundamental nos éxitos cultivados.

Outro dos olímpicos premiados esta noite en Baiona foi o sevillano Arturo Montes, ao que se lle outorgou o galardón ao mellor deportista paralímpico do ano. O regatista non puido asistir á gala por atoparse adestrando en Río, onde competirá dentro duns días na clase 2.4mR, e o presidente da comisión naval de regatas da Escola Naval Militar de Marín, Vicente Rubio, fíxolle entrega do premio ao delegado da clase 2.4mR, Luís de Mira, que o recolleu e agradeceu en nome de Monte.

{gallery}premios_nacionais_vela{/gallery}

Polo escenario da gala tamén pasou o armador catalán, Rafael Carbonell, que recibiu de mans do alcalde de Baiona, Anxo Rodal, e en nome de toda a súa tripulación, o premio ao mellor barco, o Rats on Fire, gañador de sete Trofeos Conde de Godó e catro Copas do Rey, ademais de varios campionatos de España e do Mundo.

 

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, foi o encargado de entregar o Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao mellor patrón, que recaeu en Rayco Tabares. O lanzaroteño, con apenas 32 anos, escribiu neste 2016 o seu nome na historia da vela en España ao conseguir o seu terceiro campionato do mundo da clase J80.

ABANCA e MARCA foron as dúas empresas distinguidas da noite. O banco galego recibiu o premio ao mellor patrocinador do ano polo seu compromiso coa vela de base, a través do apoio que presta a numerosas escolas de vela, clubs e organizacións relacionadas coa actividade náutica. O director de rede comercial de ABANCA, Gabriel González, recolleu o premio da man do secretario xeral para ou deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete.

O grupo de comunicación deportiva MARCA, líder indiscutible da prensa deportiva en España, levou Premio Mariano Augado de Comunicación, que recolleu o subdirector do diario, Gerardo Riquelme. Os Premios Nacionais de Vela Terras Gauda deste ano quixeron recoñecer o traballo da cabeceira de Unidade Editorial para achegar as competicións e toda a actualidade da vela ás súas máis de dous millóns trescentos mil lectores.

Todos os premiados recibiron como trofeo unha reprodución do mastro de sinais do Monte Real Club de Iates, que leva o nome do que foi presidente da entidade durante máis de corenta anos, Don Rafael Olmedo Limeses, falecido o pasado 2015 aos 99 anos de idade.

Ao finalizar a gala de entrega dos Premios Nacionais de Vela, patrocinada un ano máis por Adegas Terras Gauda, e tras unha cea mariñeira no Monte Real, os asistentes puideron gozar dunha festa con fogos artificiais.