Baiona organiza, cara ao verán, campus deportivos en 12 disciplinas

Presentación dos Campus de Verán na praia da Ladeira Presentación dos Campus de Verán na praia da Ladeira

 Hoxe foron presentados, na praia da Ladeira, os Campus Deportivos que, durante os meses de verán, vén de organizar a Concellería de Deportes do Concello de Baiona e que permitirán que, rapaces e rapazas, poidan desenvolver actividades deportivas variadas. Esta iniciativa permite, ademais, a conciliación da vida familiar e laboral nos meses de vacacións escolares.

Neste ano, aos campus deportivos habituais que organiza a  Concellería de Deportes do Concello de Baiona, engádense novas especialidades como son o de Deportes náuticos no que os asistentes poderán practicar vela lixeira (MRCYates), piragüismo (Club Piragüismo Baiona) e Windsurf e Pádel Surf (Wesport Ladeira) e o campus de Danza, a través de Galicia en Danza. Serán, polo tanto 12 campus distribuídos en dous meses, en xullo se desenvolverán os de tenis, ciclismo, deportes de combate, deportes Nauticos, fútbol sala e multideporte e no mes de agosto, os seis restantes: futbol, baloncesto, ximnasia rítmica, deportes náuticos, actividades de patín e danza.

Os campus desenvolveranse ao longo da semana entre as 10.00 h e as 14.00 h, aínda que para facilitar un maior marxe de horario e que as familias poidan conciliar a vida familiar e laboral nas vacacións escolares, establécese que se poden recibir participantes dende as 9:00 horas. Nos campus contarase tamén coa presenza de deportistas e técnicos de primeiro nivel que, dende unha optica divertida, transmitirán aos participantes as súas experiencias e realizarán xogos cos alumnos.

O prezo para estes campus é, segundo o Concello de Baiona, “moi axustado, tendo en conta a súa duración”. Será de 210 euros participar en 6 campus, ou os de xullo ou os de agosto, e 300 euros por participar nos doce campus dos dous meses. É dicir, por 300 euros se posibilita aos participantes realizar actividades deportivas variadas durante 10 semanas. En todo caso, tamén se pode optar por participar nos campus que un prefira de xeito individual e haberá tarifas especiais para irmáns que queiran participar nesta iniciativa.

Os participantes recibirán un equipamento deportivo e un refrixerio a media mañá para repoñer forzas. As datas nas que se desenvolverán os distintos campus son as seguintes:

Xullo
Tenis.- 29 de Junio ao 3 de xullo.
Ciclismo.- 6 ao 10 de xullo.
Deportes Náuticos.- 5 ao 7 de xullo.
Deportes de Combate.- 13 ao 17 de xullo.
Futbol–Sala.- 20 ao 24 de xullo.
Multideporte.- 27 ao 31 de xullo.

Agosto
Futbol .- 3 ao 7 de agosto.
Baloncesto.- 10 ao 14 de agosto.
Deportes Náuticos.- 19 ao 22 de agosto.
Gimnasia Rítmica.- 17 ao 21 de agosto.
Actividades Patín.- 24 ao 28 de agosto.
Campus Danza .- 31 de agosto ao 4 Setembro.

O prazo de inscrición ábrese o 1 de xuño e para formalizar as matrículas os interesados deberán achegar o formulario de inscrición cuberto nas oficinas de Deportes, no Pavillón Municipal de Baiona en horario de 09.00 horas a 14.00 horas e de 18.00 horas a 21.00 horas. Tamén poden solicitar información no teléfono 986 356 558 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.