Baiona

En liza unha nova edición do 'Trofeo Repsol' do Monte Real

O Monte Real Club de Iates de Baiona pon en liza a partir de mañá unha nova edición do Trofeo Repsol, que este ano será tamén Copa Luso Galaica de J80 e celebrarase durante tres xornadas na ría de Vigo, con varias regatas no interior da baía de Baiona e o fondeadero das Illas Cíes. A proba está considerada unha das máis importantes da tempada de vela pesada en Galicia, e na que xa anunciaron a súa participación 25 tripulacións chegadas de diferentes puntos do país.

Baiona ultima os preparativos do 'BaideTapas 2019'

Hai oito anos, o Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba), poñían en marcha a ruta de tapas 'BaideTapas, unha iniciativa que tiña case un triple obxectivo, dinamizar a hostalería, amosar o extraordinario nivel ao que se atopa a gastronomía de Baiona e utilizar esta actividade como un elemento desestacionalizador do turismo. Hoxe, anos despois e coa oitava edición as portas, os obxectivos están máis que conseguidos como o demostra o éxito de participación que ten esta ruta.

Baiona celebra, o 1 de maio, o 'III Mercado Antigo de Sabaryz'

O Concello de Baiona organiza por terceiro ano consecutivo o Mercado Antigo de Sabaryz coa intención de dar a coñecer a historia duns dos mercados máis antigos de Galicia. A cita será o vindeiro mércores 1 de maio de 2019 na Praza Vitoria Cadaval e en practicamente toda a Avenida Julián Valverde.

O Nahela da Guarda, campión do 'Trofeo Comunica'

O 'Trofeo Comunica' do Monte Real Club de Iates pechou esta fin de semana unha nova edición coroando como gañador ao Nahela, do Club Deportivo Alagua da Guarda , que resultou vencedor absoluto na clasificación xeral, gañando tamén na clase ORC 1. A competición, disputada por primeira vez no marco da Semana Santa, desenvolveuse cunhas moi boas condicións meteorolóxicas, tipicamente estivais, con sol, sen apenas nubes, temperaturas elevadas e un vento do oeste-suroeste que se moveu entre os 6 e os 10 nós, o que axilizou a navegación dos veleiros rumbo a Baiona.

Manifesto Miñor–En Marea presenta a súa candidatura ás Municipais no Concello de Baiona

Manifesto Miñor–En Marea Baiona vén de presentar a candidatura con que a formación concorrerá ás Municipais do mes de maio no Concello de Baiona, una lista, sinala a formación asamblearia, "formada por persoas do común e comprometidas cun cambio no noso concello". Son, afirma Manifesto Miñor "un grupo de mulleres e homes convencidxs da necesidade dunha alternativa para transformar Baiona nun Concello para á veciñanza".

Concerto de Heredeiros da Crus en Baiona o 20 de abril

O vindeiro 20 de abril no parque da Palma, terá lugar o concerto do mítico grupo de rock galego 'Heredeiros da Crus', organizado polo Concello de Baiona coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do programa Musigal 2019. A mítica banda de Castiñeira (Ribeira-A Coruña) publicaron o seu primeiro disco 'A Cuadrilla de Pepa a Loba', un álbum que marcou un antes e un despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como 'Quero josar' o 'O fillo de José'.

Suscribirse a este canal RSS