Baiona

Pablo Marquina leva a liga Social Baitra por segundo ano consecutivo

O regatista vigués Pablo Marquina, de 12 anos, resultou gañador, este domingo en Baiona, da liga Social Baitra do Monte Real Club de Iates, unha competición que o club baionés organiza de setembro a xuño para nenos de entre 7 e 17 anos. Tras as probas finais celebradas esta fin de semana, Marquina impúxose sobre o resto dos regatistas que competían na clase Optimist. Logrou revalidar así o triunfo logrado en 2018, cando se alzou por primeira vez coa vitoria do campionato que o Monte Real organiza cada ano en Baiona da man de Baitra Accesorios Navais.

As Escolas Deportivas Municipais de Baiona pechan o curso cunha excursión a Cangas

O vindeiro sábado día 29 de xuño, e para complementar o peche do curso escolar deportivo 2018-2019 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes de Baiona programa unha viaxe a Cangas en barco, viaxe xa ten aberta a inscrición dende día 1 de xuño para todos os socios das escolas Deportivas Municipais, estes terán opción de sacar 5 billetes cada un, para aqueles non socios que queiran participar deberán esperar ao día 12 de xuño para a súa compra.

Exposición 'Vento nas velas' de Xurxo Lobato en Baiona

Dende este sábado 8 de xuño ata o vindeiro 7 de xullo ámbolos dous inclusive, veciñanza e visitantes poderán gozar, no marco incomparable do paseo Ribeira de Baiona, da exposición fotográfica 'Vento nas Velas' do fotógrafo Xurxo Lobato. A mostra, organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Baiona, está composta por cinco grandes cubos expositivos de carácter didáctico, pensada para achegar ao público a cultura marítima da nosa provincia.

Trinta millas decidirán os novos campións galegos de 'Solitarios' e 'A dous'

Un percorrido dunhas 30 millas náuticas de ida e volta entre Baiona e a illa de Ons decidirá, o vindeiro sábado 1 de xuño, quen son os gañadores do Campionato Galego de 'Solitarios' e 'A Dous' de 2019, que se celebra no marco do Trofeo Prima Vinia do Monte Real Club de Iates. Este é o oitavo ano consecutivo que a Real Federación Galega de Vela delega no club baionés a organización dunha das probas máis emocionantes e complicadas da tempada náutica, que se poderá seguir en directo en tempo real no computador ou móbil a través da páxina web do Monte Real.

Baiona, o PSOE desbanca ao PP pero os pactos teñen a última palabra

As lecturas dos resultados de Baiona son tan variados como a propia composición da Corporación municipal que, coa entrada de Ciudadanos, pasa de 4 a 5 partidos. O Partido Popular déixase polo camiño 3 concelleiros perdendo a maioría absoluta que tiña o alcalde Ángel Rodal, mentres que o PSOE colócase como a lista máis votada cun 21,72% dos votos. A entrada de Ciudadanos cun concelleiro fai que o goberno quede a expensas do que decidan os dous concelleiros de Nós Baiona.

Baiona amosa a beleza da Foz do Miñor cunha visita guiada

O departamento de medioambiente do Concello de Baiona xunto co Obradoiro de Emprego Valmiemprega III, levaron a cabo unha visita guiada arredor do espazo protexido da Foz do Miñor, co gallo da celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000, xa que este lugar está dentro de dita rede coa denominación de LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) e ZEC (Zona de Especial Conservación) coa denominación da Ramallosa.

Suscribirse a este canal RSS