Logo
Imprimir esta página

Manifesto Miñor lamenta que Ferreira "torpedease" o traballo do concelleiro de Urbanismo

O concelleiro de Urbanismo, Antonio Araúxo (á esquerda), nunha das xuntanzas mantidas para tratar do PXOM O concelleiro de Urbanismo, Antonio Araúxo (á esquerda), nunha das xuntanzas mantidas para tratar do PXOM

O urbanismo en Gondomar está como o tempo: ardendo. O alcalde, o socialista paco Ferreira, sinalaba nestes días na prensa escrita que "haberá un cambio na área de Urbanismo" para evitar "máis atrasos" se ben evitaba entrar na profundidade deses cambios. As declaracións foron cualificadas por Manifesto Miñor (MM), socios de Goberno do PSOE, como "desafortunadas" e aseguraba que eran "froito do nerviosismo político que lle produce a proximidade electoral".

Aproveitaba MM a ocasión, para lembarlle ao alcalde Paco Ferreira que "Manifesto Miñor forma parte do Goberno Municipal de Gondomar por dereito propio e porque así o quixo o mandato popular saído das urnas, non por unha graciosa concesión do Sr. Ferreira". Con isto, matizaban un pequeno detalle que o rexedor local parecía esquecer, que calquera retirada de competencias que o alcalde decida xestionadas polos seus socios de Goberno, "haberá de facela por escrito e axustada á Lei" o que leva a Manifesto Miñor a subliñar que "as ameazas e as insidias feitas na prensa, son impropias dun alcalde e axudan moi pouco a lle resolver os problemas da veciñanza, única preocupación da nosa formación política".

Veñen logo, unha serie de puntualizacións sobre o urbanismo de Gondomar e sobre o traballo feito polo concelleiro Antonio Araúxo. Nese sentido puntualizan a boa xestión de Araúxo ao fronte deste departamento que consegiu o desbloqueo do PXOM. De feito, explica MM, "delimitáronse oito núcleos rurais e, no que vai de ano, déronse máis 50 licenzas de obra maior e 120 Comunicacións Previas". Rematábase pois coa parálise edificatoria que afectaba a Fondomar "provocada pola mala praxe dos gobernos do Partido Popular, sempre cunha atención á veciñanza seria, puntual e respectuosa coma nunca antes houbera".

Doutra banda asegura e no que atinxe aos atrasos do PXOM, Manifesto Miñor afirma que os únicos atrasos "son os que o Sr. Ferreira provocou: primeiro, atrasou a saída ás parroquias a explicar o novo borrador e, despois, negouse a asinar a cesión do contrato de EPTISA a Alfonso Botana S.L., que puido facer dende o pasado mes de setembro", nese punto cómpre lembrar que a cesión contaba cun informe favorable da Universidade da Coruña para facelo, posteriormente validado pola Secretaría Xeral e a Intervención municipais, "tal como defendeu sempre Antonio Araúxo".

Logo están os prazos de aprobación do PXOM que xa parecen ser fariña doutro costal. Así MM non dubida en afirmar que o alcalde de Gondomar "fáltalle á verdade anunciando que aprobará inicialmente o PXOM neste mandato" e é que, por prazos, é materialmente imposible. Explica Manifesto Miñor que hai que volver desenvover a tramitación, aprobeitando só o traballo técnico e as suxestións da veciñanza, así que, de entrada, "son necesarios uns tres meses para actualizar e ordenar toda a documentación e outros sete para resolver as dúcias de informes sectoriais e trámites administrativos previos. É dicir, DEZ meses, sen contar agosto, supoñendo que polo medio a Xunta non requirise máis documentación; isto sitúanos xa no seguinte mandato" e, tirando de hemeroteca que se di habitualmente, apunta Manifesto Miñor que "cómpre lembrar que o Sr. Ferreira xa traballaba con este cronograma e así o fixo constar en innúmeras declaracións á prensa (como pode vir agora de salvador do PXOM cando el era partidario de comezar o proceso dende cero?)".

Lamenta MM que o traballo do concelleiro Antonio Araúxo ao fronte de Urbanismo, sexa apreciado e apoiado pola cidadanía e, curiosamente, "nunca foi foi apoiado ou entendido polo Alcalde. Ben ao contrario, as máis das veces foi torpedeado por ciumes ou miopía política. Parece que Paco Ferreira aínda non comprendeu que o PXOM en Gondomar non se pode aprobar só con catro votos".

Así as cousas, quentes como o tempo que vivimos nestes días, Manifesto Miñor recoméndalle ao alcalde de Gondomar "que deixe de poner paus nas rodas ao traballo dos seus socios de gobernos, como fixo, por exemplo, coa súa “triunfal intervención” no desenvolvemento da primeira fase do Polígono Industrial da Pasaxe; en breve saberemos se foi real ou só propaganda cando haxa que financiala con 6 millóns de € e non haxa con que, pois o Sr. Alcalde non fixo os deberes reservando unha partida de 500.000 € para continxencias". Non queren, porén, entrar en outros temas como "os consensos rotos, ao expulsar á CCMM de Vincios do proceso, entre outras “gloriosas actuacións”. Lamentablemente, no tema d’A Pasaxe pasará igual que co saneamento do barrio d'A Pedra, onde vendeu unha subvención da Xunta como conseguida e, ao presentar a petición o último día de prazo, o resultado foi de CERO EUROS de subvención, sabendo como era unha concurrencia non competitiva". Asemade, tamén lle aconsellan "que atenda as súas áreas, por exemplo, coa elaboración duns Orzamentos Municipais que saquen a Gondomar da precariedade económica; despois de tres anos de goberno, xa vai sendo hora".

E xa postos a lembrar cousas, lémbralle Manifesto Miñor, en relación ás súas declaracións sobre a resolución da fiscalía sobre a kilometraxe indebidamente cobrada que "Manifesto Miñor sempre se comportou con lealdade á veciñanza de Gondomar e, por iso, lle advertimos (de palabra, por email e por escrito) hai máis dun ano que non debía cobrar eses kilómetros por non ser ético, ir contra a norma (e informado desfavorablemente pola Intervención municipal) e porque nunca foron cobrados por ningún alcalde de Gondomar. O Sr. Ferreira parece que descoñece que en Gondomar hai veciiños e veciñas que teñen que vivir con menos de 300 €/mes".

Pola contra, engade Manifesto Miñor, "deslealdade é negarse cumprir sistemáticamente o acordo de goberno e levar a pleno o Regulamento de Perticipación Veciñal ou negarse a consensuar o Plan Concellos da Deputación 2018 presentando ás agochadas só os seus proxectos, incluso incumprindo un mandato plenario como é facer as obras de saneamento do barrio d’A Pedra".

Respecto das dilixencias da Fiscalía, remata MM que "el sabe mellor ca nós, que para iso é abogado, que a Fiscalía nin absolve nin xulga, en todo caso MM neste asunto seguimos mantendo a nosa postura: son cobros faltos de ética e deben ser devoltos. En calquera caso, dende Manifesto Miñor pareabenizámonos de que a nosa advertencia tivese como consecuencia o cese no cobro indebido deses kilómetros".

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados