Gondomar

Obras de calmado de tráfico na contorna do Colexio Xosé Neira Vilas de Gondomar

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, que xestiona Uxío Benítez, iniciou onte as obras de calmado do tráfico para aumentar a seguranza viaria na estrada provincial EP-2301 entre Gondomar e Peitieiros no concello de Gondomar. Benítez destaca que a actuación supón a construción de varios pasos de peóns sobreelevados e redutores físicos de velocidade de vehículos nunha zona na que está o colexio Xosé Neira Vilas, a igrexa e o cemiterio.

A Xunta investirá 70.000 euros na cuberta do CEIP Souto Donas de Gondomar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de anunciar un investimento de preto de 70.000 euros para a substitución integral da cuberta do CEIP Souto Donas, na localidade pontevedresa de Gondomar. Con tal motivo o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse onte ata o centro educativo para informar á dirección da actuación prevista.

A Deputación achega máis de 81.000 euros do «Plan Concellos» a Gondomar

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por Resolución Presidencial novas achegas ao concello de Gondomar, no marco do “Plan Concellos 2017”, dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 81.414,77 € para actuacións de eficiencia enerxética e xestión intelixente en bombeos de augas residuais do concello e para a merca dunha miniexcavadora.

Suscribirse a este canal RSS