Gondomar

Curso de manipulador de produtos fitosanitarios

A concellaría de Formación e Emprego do concello de Gondomar, xunto coa antena de Gondomar da Cámara de Comercio de Vigo, pon en marcha un novo curso de manipulador de produtos sanitarios que permitirá aos alumnos a preparación necesaria para poder examinarse das probas que permiten a obtención do carné nesta especialidade.

A artesanía galega dase cita en Gondomar

Con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía 2015, a Asociación de Artesáns do Val Miñor “Mestura”, en colaboración coa Concellaría de Cultura de Gondomar e a Escola de Cerámica de Gondomar organizan a III Feira de Oficios Artesáns para os días 11 e 12 de abril. O evento desenvolverase nunha carpa instalada ao seu efecto, na rúa Ángel Urzáiz.

Curso de operador de carretas elevadoras

 A Concellaría de Formación e Emprego do Concello de Gondomar, na actual programación de accións formativas para os seus veciños, organiza un curso de 'Operador de carretas elevadoras', en colaboración coa antena de Gondomar da Cámara de Comercio de Vigo.

XIII edición do Certame Literario Conde de Gondomar

A Concellaría de Educación do concello de Gondomar, dirixida por Paula Bouzós, convoca o Certame Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar. Nesta XIII edición, establécense dúas modalidades: Poesía (mínimo de 14 versos, máximo 50) e Relato Curto (máximo 15 folios DIN A4). Poderán concorrer todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos.

Xornada de Portas Abertas do “Terras do Miñor III”

A Residencia de Tempo Libre de Patos (Nigrán), acolleu a xornada de portas abertas ofrecida polo Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor III”. O obxectivo desta iniciativa non era outro que permitir que os contratantes potenciais puideran comprobar as habilidades adquiridas polo alumnado nas diferentes materias.

Acta de replanteo do novo Centro de Saúde de Gondomar

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitou os terreos onde se edificará o novo Centro de Saúde de Gondomar. Na súa visita, Fernández-Campa estivo acompañado polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián; o director de Procesos sen Ingresos e Urxencias da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, Francisco J. Caramés ; a xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo-Montenegro e xefa de servizo da S.X. de Investimentos, Amparo Montenegro. Ao acto tamén asistiron representantes da empresa adxudicataria CORSAN- CORVIÁN.

Suscribirse a este canal RSS