Nigrán ofrece un novo curso de manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico

O Concello de Nigrán ofrece un novo curso de 'Manipulador de Productos Fitosanitarios Nivel Básico' dirixido prioritariamente a empadroados no municipio. Este terá unha duración de 25 horas e se desenvolverá no Centro Antena (Otero Pedrayo, 52) de 16:00 h a 21:00 horas do 18 ao 22 de febreiro.

Os interesados e interesadas ponden inscribirse do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (de 9:00 h a 14:00 horas), onde se lles entregará a orde para facer o pagamento no banco de 35 euros (a maiores, os inscritos deben pagar despois 8,92€ correspondentes á taxa do exame).

O Concello ofrece novamente este curso ( a cargo de ATX Formación) ante a gran demanda da veciñanza, moi interesada dende a entrada en vigor da lei uso sostible de produtos fitosanitarios que limita a venda a aquelas persoas que conten coa titulación.