A veciñanza de Nigrán poderá facer surf gratis durante a 'Patos Surfing Day'

O vindeiro domingo 30 de xuño, a praia de Patos, no concello de Nigrán, a collerá a undécima edición do Patos Surfing Day, unha iniciativa que se concibe como unha xornada na que compatir e facer descubrir a todos e todas a cultura do surf nun ambiente de festa. Aos mais de 250 inscritos a coller a súa primeira onda , únense os surfeiros habituais de Patos para o acontecemento do ano na praia de Patos que ademais marca o comezo das vacacións de verán.

A nivel mundial o surfing day’é unha xornada de portas abertas, unha gran ocasión para descubrir o marabilloso mundo das ondas e do surfing. Durante este día é posible probar produtos, coñecer a surfeiros profesionais e compartir valores de convivencia e respecto polo medio ambiente. Nela participan conxuntamente 31 países, máis de 3.000 actividades e aproximadamente 30.000 participantes. En definitiva, é unha boa escusa para inaugurar a tempada estival, poñerse o bikini ou o bañador e gozar do mar...

patos surfing day 2018 01

Con motivo do Día Internacional do surf na praia de Patos espéranos unha xornada que ten como obxectivo ensinar e promover o surf en todas as súas variantes (Bodyboard, handboard , skateboard e paddlesurf). Outra das novidades son as Xornadas de portas abertas para os veciños de Nigran, dar a coñecer entre os veciños unha actividade pola que xa é famoso o concello de Nigran lonxe das nosas fronteiras .

Esta undécima edición ten tamén estará organizado Asociación de Escolas de Patos–AEESP. Durante este día, as escolas presentarán ao público, a cultura e o deporte do surf a través de cursos, talleres e diferentes actividades completamente gratuítas, así como dar a coñecer e compartir valores de convivencia e respecto ao medio ambiente. Entre as actividades do Patos Surfing Day 2019 destacan cursos gratuítos de surf, uso gratuíto do material, ioga, test de táboas de surf SOFT e Handboard, Ioga surf, yincanas, música en directo, e moitas sorpresas máis.