A música, protagonista en Nigrán con tres concertos do 'IV Curso de Verán SonCello'

Margarida Mariño e Ivan Nogueira Margarida Mariño e Ivan Nogueira

O Concello de Nigrán ofrece ata o venres 19 de xullo tres concertos de violoncellistas que asisten no CEE de Panxón ao curso de verán da Asociación de Violoncellistas de Galicia 'Soncello'. Este curso inclúe a celebración destes concertos, levados a cabo por músicos convidados, profesores e o propio alumnado, e serán de entrada gratuíta para a veciñanza.

Logo do concerto que hoxe comezaba ás 21:30 horas no auditorio de Nigrán, a cargo do Ensemble Allettamento (Mario Braña, violín barroco/Elsa Pidre cello barroco), o programa seguirá co concerto que terá lugar nos exteriores da Capela da Alameda de Ramallosa, o xoves 18 ás 22:00 h, e no que veciñanza e visitantes poderán gozar da orixinal proposta de Margarida Mariño explorando as posibilidades da combinación do violoncello coa electrónica, seguida polo dúo formado por Iván Nogueira e a propia Margarida que interpretará obras de A. Vivaldi e F. Kummer entre outros.

Xa o venres 19, no patio exterior CEE de Panxón ás 22:00 h, o alumnado e o profesorado do curso deste IV Curso 'SonCello' ofrecerán un concerto 
Alumnado e profesorado do IV Curso Soncello, programa por definir.

Este curso de verán (dirixido a músicos de tódolos niveis) inclúe clases individuais e colectivas coas profesoras Carolina Landriscini, Isabel Font e Isabel Figueroa, clases e ensaios de conxunto, orquestra de violoncellos, obradoiros de técnica (Carolina Landriscini), violoncello barroco (Fernando Santiago) ou improvisación libre (Margarida Mariño), Pilates (Isabel Font) ademáis de outras actividades de tipo lúdico e de lecer.