Nigrán pecha o venres 19 os concertos de cello do 'Curso de Verán SonCello'

O Concello de Nigrán ofreceu dende o luns 15 de xullo ata este venres 19 de xullo tres concertos de violoncellistas que asisten no CEE de Panxón ao curso de verán da Asociación de Violoncellistas de Galicia 'Soncello'. Este curso inclúe a celebración destes concertos, levados a cabo por músicos convidados, profesores e o propio alumnado, e serán de entrada gratuíta.

Este curso de verán (dirixido a músicos de tódolos niveis) inclúe clases individuais e colectivas coas profesoras Carolina Landriscini, Isabel Font e Isabel Figueroa, clases e ensaios de conxunto, orquestra de violoncellos, obradoiros de técnica (Carolina Landriscini), violoncello barroco (Fernando Santiago) ou improvisación libre (Margarida Mariño), Pilates (Isabel Font) ademáis de outras actividades de tipo lúdico e de lecer.